sexta-feira, 10 de dezembro de 2010

Revistas de restauración e conservación do patrimonio

Dentro das publicacións seriadas que se poden consultar na Biblioteca do Museo destacamos as relativas a restauración e conservación, aquí indicamos algunhas das máis interesantes, pinchando no nome podedes acceder os sumarios, resumes ou texto completo según os casos:
Edita: co-edición  pola SFIIC e  Éditions Errance
Temas: conservación e restauración de patrimonio cultural
Sumario e resumes
Edita: California Academy of Sciences
Temas: xestión de museos, prácticas expositivas, estudos de usuarios, conservación, educación en museos
Sumario e resumes
Edita: Centre de Documentació i Museu Tèxtil de Terrassa
Temas: restauración e conservación de tecidos, industria téxtil, artesanía téxtil, tecido, indumentaria, vestido, moda
Sumarios
-PH: boletín del Instituto Andaluz de Patrimonio
Edita: Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico
Temas: conservación e restauración de patrimonio moble e inmoble
Sumarios, resumes
Edita: Centre de recherche et de restauration des musées de France
Temas: conservación e restauración de patrimonio, materiais e  procesos de restauración
Sumarios
Para ver os títulos de todas as revistas que hai na Biblioteca do Museo Etnolóxico pincha en: REVISTAS MUSEO ETNOLÓXICO

domingo, 5 de dezembro de 2010

Bibliotecas Especializadas de Zamora: Os presentamos a... Rosa Lamas Casado

@s compañeir@s das bibliotecas especializadas de Zamora, fan máis visibles os centros onde traballan a través dun blog cooperativo, desde o que tamen axudan a visibilizar outras bibliotecas especializadas presentando ás persoas que nelas traballan na sección Os presentamos a...
Nesta ocasión deron a oportunidade de visibilidade á Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia. Aquí está a entrevista que me fixeron :
Bibliotecas Especializadas de Zamora: Os presentamos a... Rosa Lamas Casado: "Por Bibliotecas Especializadas de Zamora  Rosa Lamas Casado, licenciada en Geografía e Historia en la Universidad de Vigo. En 1997 in..."

quinta-feira, 25 de novembro de 2010

Novidade editorial: As fábricas de papel na comarca do Carballiño

 

O domingo 21 de novembro presentábase nas instalacións da antiga fábrica de papel de Lousado (Piñor) na comarca do Carballiño o libro: “ As fábricas de papel na comarca do Carballiño” editado polo Centro de Estudios Chamoso Lamas.
Como indica no prólogo, Xosé Carlos Sierra, director do Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense, o estudo feito neste libro polo xeográfo Francisco Fumega e o historiador Xosé Luis Sobrado investiga desde unha prespectiva da historia local á industrialización decimonónica da Galiza nun sector escasamente tratado como é o papel e a súa fabricación.
No traballo realizan un levantamento das principais fábricas existentes na conca do  río Arenteiro, así como un estudo sociolóxico das persoas que levantaron e traballaron nestas industrias, por un lado os burgueses innovadores e por outro as mulleres asalariadas que traballaban nestes enxeños, e as consecuencias económicas que supuxo a fabricación de papel para a comarca do Carballiño. Todo isto é resultado da consulta de diversas fontes documentais: arquivos parroquiais e históricos, museos, fontes orais, estatísticas, protocolos notariais...
Podedes consultar este estudo na Biblioteca do Museo.

quarta-feira, 10 de novembro de 2010

Curso de etnomuseoloxía

Folleto curso etnomuseoloxia

Se alguén precisa máis información bibliográfica ou documental
sobre etnomuseoloxía, patrimonio etnolóxico, xestión do
patrimonio, identidade... para ir ben informado ao curso
e participar activamente nas mesas de debate,
podedes consultar o
catálogo da Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia,
chamar por teléfono, escribir correo electrónico
ou vir en persoa, tedes información aqui

quarta-feira, 27 de outubro de 2010

Fondos documentais dixitalizados

 

Entre a diversidade de fondos do Museo Etnolóxico hai que destacar a importancia dos fondos documentais do  Depósito Rubén García Álvarez, investigador da historia medieval de  Ribadavia , do Ribeiro e de Galiza, ademáis de conservador de documentos históricos, ben transcribindo o documento ou ben gardando o documento orixinal.
O traballo de investigación do profesor da Facultade de Humanidades de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela: Gonzalo Francisco Fernández Suárez, con varias obras sobre o condado de Ribadavia, que se poden consultar no catálogo da biblioteca do museo, fixo que se achegara ao fondo documental de Rubén García Álvarez para consultar tres libros pertencentes ao Arquivo Municipal de Ribadavia: “Libro con foros antiguos da vila de Ribadavia 1524-1541”, “Libro de ayuntamiento (libro de actas) 1542-1559” , “Libro de contas dos procuradores “. O resultado da súa consulta levou á dixitalización destes documentos, fundamentais para o estudo da historia de Ribadavia e de Galiza.
Esta dixitalización permite  á Biblioteca do Museo facilitar, a calquera persoa interesada, o acceso á informanción destes documentos sen interferir na súa conservación.
As consultas aos fondos bibliográficos e documentais das bibliotecas, arquivos e centros de documentación permiten axudar a mantelos vivos

terça-feira, 14 de setembro de 2010

Programa definitivo da xornada sobre bibliotecas especializadas

Folleto xornada bibliotecas especializadas

No folleto aparece o programa definitivo da xornada sobre
bibliotecas especializadas. A matrícula é gratuita,
as prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto
até o 13 de outubro. A folla de inscrición pódese descargar
aquí
e enviar por correo electrónico a rosa.lamas@xunta.es

segunda-feira, 6 de setembro de 2010

Información básica da Biblioteca do Museo Etnolóxico


A Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia (Ourense) é unha biblioteca especializada polos seus fondos, coma o museo é de titularidade estatal e de xestión económica da Xunta de Galicia.
O acceso á biblioteca é libre para todas as persoas, sempre tendo en conta que os seus fondos están especializados en: etnoloxía, etnografía, antropoloxía social e económica, museoloxía, vinicultura e viticultura, historia de Galiza e local, fotografía, antropoloxía visual....

Horario: de luns a venres de 9 h a 15 h
Enderezo postal: Museo Etnolóxico. Ribadavia
                         Rúa Santiago, nº 10
                         32400 Ribadavia (Ourense)
Teléfonos :  988471843 /  988471352
Fax:            988470961
                                 rosa.lamas@xunta.es

A biblioteca está incluida na Rede de Bibliotecas de Galicia, o catálogo pódese consultar na sección de Bibliotecas de Museos no seguinte enderezo electrónico:

segunda-feira, 23 de agosto de 2010

catálogo da exposición: "Álbums para o reencontro Ribadavia e os ribadaviense VII". Festa















Este catálogo completa a exposición do mesmo título, que se pode ver en dúas das salas do Museo Etnolóxico. Ribadavia, nesta edición preténdese unha aproximación á festa; á diferenza entre a festa, acto festivo, celebración, etc. así como a análise diacrónica de todo aquilo que hoxe se denomina festa, e por outra parte, contrastar e complementar a información que pode ser lida nas fotografías con outras fontes.
Preséntanse algunhas notas descritivas e analíticas de distintas festas da vila de Ribadavia: as Candelas, San Lázaro, as Angustias, San Roque..., e  analízanse dúas festas relevantes, que transcenden as fronteiras da propia vila: as festas na honra da Virxe do Portal " a festa de todos" e a Festa da Istoria "a festa para todos".
Pódense ver mais datos da publicación na rede de bibliotecas de Galicia no Católogo da Biblioteca do Museo Etnolóxico

terça-feira, 10 de agosto de 2010

Museo no cárcere: "A tatutaxe desde dentro: pasado e presente"


 O día 1 de xullo de 2010 inaugurouse no cárcere de Pereiro de Aguiar (Ourense) á exposición: A tatuaxe desde dentro: pasado e presente pensada, documentada, deseñada e montada polas persoas participantes no obradoiro coordinado por técnicas do Museo Etnolóxico durante case seis meses.

convite da exposición
Esta é a terceira edición do obradoiro Museo no cárcere, dentro do proxecto Museo Aberto, e como en anos anteriores a Biblioteca do Museo Etnolóxico participou activamente:
-cedendo como préstamo durante seis meses á biblioteca do centro penitenciario monografías, revistas, artigos relacionados cos adornos corporais, tatuaxe, deseño e montaxe de exposicións,
-elaboráronse bibliografías das fontes documentais utilizadas,
resultado da búsqueda de documentación
-consultas en catálogos de bibliotecas, repositorios, bibliotecas dixitais, recollida de documentos dixitais e páxinas web relacionadas coa tatuaxe.
-valoramos o uso didáctico da internet como fonte de información.
exposición do libro: Las razas humanas

Para a exposición escolleuse un dos libros antigos da Biblioteca o tomo I de: Las razas humanas  de Federico Ratzel editado en  Barcelona por Montaner y Simón, 1888-1889, onde se mostra o significado e as formas da tatuaxe en distintas culturas.

Ver folleto

segunda-feira, 2 de agosto de 2010

Título das ponencias da xornada bibliotecas especializadas

As convidadas á xornada de bibliotecas especializadas do día 20 de outubro de 2010, xa perfilaron o tema do que nos van falar:
*Maite CuendeBibliotecas especializadas da Generalitat de Catalunya: traballando na rede desde 1998.
*Ana Real Duro: Visibilidade das bibliotecas especializadas en Andalucía: unha experiencia desde o asociacionismo.
*María Prego e Rosa Chumillas: BIMUS: Red de Bibliotecas de Museos.
*Elena Roseras: A xestión do patrimonio artístico documental no Centro de Documentación de ARTIUM.
*Araceli Corbo: Acción, actores e acción. Visibilidade da UI e do papel do profesional da información a través do uso das Novas Tecnoloxías.

segunda-feira, 28 de junho de 2010

Facsímiles de Fotografía

Trátase sobre todo de manuais e tratados prácticos de fotografía, editados por diferentes editoriais españolas entre finais do século XIX e principios do XX, que se poden consultar na Biblioteca do Museo Etnolóxico,
aqui podedes ver a portada e os índices pinchando sobre o título :
-La fotografía puesta al alcance de todos. 1861
-Tratado práctico de fotografía ó sea química fotográfica. 1864


sexta-feira, 25 de junho de 2010

Catálogo da exposicón sobre Faustino Santalices

Faustino santalices catalogoEste catálogo acompaña á exposición que se pode ver no Museo Etnolóxico. Ribadavia: "Faustino Santalices. Tradición musical galega" na que se destaca o perfil do investigador, musicólogo, intérprete da gaita e a zanfona, divulgador, publicista e sobre todo o activista cultural do patrimonio etnomusical galego.
View more presentations from miaman.

terça-feira, 22 de junho de 2010

Ponentes xornada bibliotecas especializadas

Xa temos confirmada a asistencia, para a xornada de bibliotecas especializadas do día 20 de outubro de 2010, das seguintes convidadas:
*Maite Cuende: coordinadora do Grupo de Bibliotecas Especializadas (GBE) da Biblioteca de Catalunya
*María Prego:  traballa na Biblioteca do Museo del Traje e Rosa Chumillas traballa na Biblioteca do Museo Arqueológico Nacional, participaron na creación da Rede de Bibliotecas de Museos (BIMUS) 
*Ana Real Duro: coordinadora do Grupo de Traballo de Bibliotecas Especializadas da Asociación Andaluza de Bibliotecarios  traballa na Biblioteca do Instituto de Estudios Giennenses
*Araceli Corbo: traballa na Biblioteca e Centro de Documentación do Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León MUSAC
*Elena Roseras: traballa na Biblioteca do ARTIUM Centro Museo Vasco de Arte Contemporáneo

sexta-feira, 18 de junho de 2010

Novidades xuño 2010

FOTOGRAFÍA:
-Pano de fondo [catálogo]
-Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia[catálogo]


ANTROPOLOXÍA SOCIAL E CULTURAL, SOCIOLOXÍA: -Arquitecturas da infancia: escenarios e teatros na construción social da infancia / Ramón Area Carracedo, Luís Vila Pillado
ETNOGRAFÍA:
-Diccionario de etnografía e antropoloxía de Galiza / Xosé Ramón Mariño, Xosé Manuel González Reboredo
MUSEOLOXÍA:
 

sexta-feira, 11 de junho de 2010

Curso : Técnicas de protección de orixinais gráficos e fotográficos

Triptico tecnicas de proteccion

catálogo da exposición: "Álbums para o reencontro Ribadavia e os ribadaviense IV"












Neste catálogo os ribadavienses son vistos por si mesmos, vese e fálase de identedidade/s, através dos álbums familiares que as propias familias foron seleccionando segundo o seu criterio.
Tamén podemos ver nesta mostra de fotografías como os ribadavienses se proxectan cara ao exterior.
1. Identidades
2. Manifestacións da/s identidade/s ribadaviense/s
    2.1. Ribadavia e o Ribeiro
    2.2 Ribadavia é a Vila
    2.3. Nós somos Ribadavia: de toda a vida?
Ademais dun catálogo é un riguroso estudo antropolóxico da cultura e sociedade de Ribadavia e do Ribeiro elaborado por César Llana e Santiago Prado Conde

quinta-feira, 10 de junho de 2010

Biblioteca Museo Etnoloxico

xornada bibliotecas especializadas















O 20 de outubro no Centro Comarcal do Ribeiro en Ribadavia , a Biblioteca do Museo Etnolóxico, vai organizar unha xornada de Bibliotecas Especializadas co título: Visibilidade, accesibilidade e usabilidade das bibliotecas especializadas.

Unha sesión de mañá adicada a falar da cooperación, de redes, de sistemas, de catálogos colectivos e unha sesión de tarde para falar das novas tecnoloxías aplicadas a xestión da información nas bibliotecas de museos