terça-feira, 13 de novembro de 2012

Primeiros anos do cinema en Galicia desde Ribadavia

A proxección do documental de Xes Chapela: “Milímetros” no ciclo cine de outono organizado polo Museo Etnolóxico. Ribadavia espertoume a curiosidade por saber máis da introdución do cinema en Galicia, partimos de como foi nunha vila como Ribadavia e cuxa base documental se pode extrapolar a calquera vila ou cidade de Galicia.

Comezamos por consultar a bibliografía, sobre todo monografías que había na Biblioteca do Museo empezando polo interesantísimo fondo de Emilo C. García, cuxa tese de doutoramento temos na Biblioteca do Museo, grazas a súa xenerosidade para con tod@ @s galeg@s: “Galicia y el cine. Fundamentos histórico-documentales” (o sumario pode consultarse AQUÍ), así como ver que tipos de documentos había na internet sobre todo nas páxinas de organismos e institucións relacionadas co audiovisual en Galicia:  CGAI, AGADIC, Axencia Audovisual Galega, O soportal do Audiovisual Galego no portal de Cultura Galega.
Comprobamos que as fontes documentais para coñecer os primeros anos do cinema en Galicia (finais do século XIX, a primeira proxección do cinematógrafo é en A Coruña no 2 de setembro en 1896, pouco despois do nacemento oficial do cinema en Francia no 28 de decembro de 1895 cando os irmáns Lumière presentan en París o seu cinematógrafo) eran poucas e os/as investigadores/as botaban man sobre todo de xornais. 
As primeiras proxeccións do cinematógrafo en Galicia coincidían con grandes festas e acontecementos nas cidades e vilas (en Ribadavia coas festas patronais do Portal), por iso tamén é necesario ter en conta como fonte documental os programas e volandeiras das festas (literatura ephemera, da que falamos nalgún momento, e que non sempre se conserva). Na Biblioteca do Museo Etnolóxico, e grazas ás persoas doantes, tentamos conservar este tipo de documentación, o que nos permite facer un achegamento a estes primeiros anos do cinema en Ribadavia:
El Ribadaviense 29 agosto 1901

-no xornal El Ribadaviense do 29 de agosto de 1901 na última folla aparece o programa das festas do Portal, que podedes ver na foto, onde se inclúe como atracción das festas a exhibición de cinematógrafos, fonógrafos e outros espectáculos.

programa festas do Portal de Ribadavia 1911



















-no programa das festas do Portal de 1911 vemos como acto das festas “Exhibiciones públicas de cinematógrafo en la Plaza … e Sesión Pública de cinematógrafo”, mirando o xornal “, El Noticiero del Avia 12 de agosto de 1911 hai unha nota que indica “el miércoles estuvo en esta villa el empresario de cine Fraga de Santiago para confereciar … acerca de las exhibiciones públicas de cinematógrafo … además instalará un pabellón de variedades y cine en el campo de la feria”, polo tanto deducimos que nestes primeiros anos as proxeccións do cinematógrafo eran ambulantes e facíanse en galpóns provisionais. 
El Noticiero del Avia 31-08-1912
El Noticiero del Avia 24-08-1912



















-El Noticiero del Avia do 31 de agosto de 1912 fala da próxima inauguración do Salón Teatro “se estrenarán cintas cinematográficas de gran novedad y atractivo, últimas creaciones de las renombradas casas Pathé y Dalmont … el aparato proyector funcionará fuera, en una casa de ladrillo y por completo aislada del pabellón. En El Noticiero del Avia 24 de agosto 1912 aparece o nome do propietario do Salón-Teatro: Jesús Sánchez. El Noticiero del Avia do 7 setembro 1912 fai unha descrición do Salón-Teatro. Según El Noticiero del Avia do  5 outubro 1912 sábado, as proxeccións dos filme no Salón-Teatro eran o domingo: “mañana habrá como de costumbre dos funciones de cine en el Salón-Teatro”.

-No xornal El Ribadaviense do 15 de setembro de 1917 xa se fala do Cine Alameda Empresa Rodríguez na que se proxectaba “Vampiros” que anuncian como “El Rey del cine en todo el mundo civilizado”, un dous primeiros filmes sobre Drácula.
programa de man. Fondo Meruéndano

-No Fondo de Manuel Merúendano consérvanse alrededor de 400 programas de man de filmes que se proxectaron nos anos 1930, 1940 e 1950 nos cines de Ribadavia: Cine España, Cine Rio, Cine Principal.







Algunha bibliografía:

-Barreiros Bermejo, Valentín: Ourense e o cinema. Concello de Ourense, 2010 
-Folgar de la Calle, J. MªAproximación al espectáculo cinematográfico en Galicia (1896-1897). Universidade de Santiago de Compostela, 1987
-García Fernández, Emilio C.: Historia del cine en Galicia, (1896-1984). La Voz de Galicia,1985
-Hueso Montón, A.L.: Galicia no cine. Galicia Arte. Tomo XVI, Hércules, a Coruña, 1993 
-Nogueira, Xosé; O cine en Galicia. A Nosa Terra, 1997 
-VVAA: Historia do cine en Galicia. Vía Láctea,  1996
-VVAA: -Diccionairo do cine en Galicia (1896-2000). Xunta de Galicia


En liña:

-O cine en Galicia. En: Libro branco do audiovisual galego.  Consulta en liña AQUÍ
-Lira Pousa, Lolín: El cine en Ribadavia. La Región 24/12/2015. Consulta en liña AQUÍ

Para ver en liña:

 -CanleTv


segunda-feira, 8 de outubro de 2012

Publicacións seriadas especializadas

A eliminación de orzamento para compra de publicacións fixo que encamiñaramos todo o diñeiro das compras da Biblioteca do Museo Etnolóxico para manter as suscricións de publicacións seriadas especializadas, pois é fundamental manter completas as coleccións por un lado e por outro lado recibir novos números destas publicacións supón actualizar a colección.
Os títulos que incluimos nesta entrada, non son todos e nen sequera os máis ou menos importantes do fondo da Biblioteca, senón que por ser títulos cunha suscrición por compra, a maioría, bastante cara pois case todas son publicacións editadas e publicadas no extranxeiro, queríamos difundilos tanto entre usuarias/os directos como entre outras institucións: museos, bibliotecas especializadas.. que poidan ter interese nestes títulos e que debido ao seu prezo as veces son difíciles de encontrar.
Os temas máis destacados son: antropoloxía social e cultural, antropoloxía visual, etnomusicoloxía,conservación e restauración do patrimonio e museoloxía


-Anthropology today
Edita: Gustaaf Houtman e publicada por The Royal Anthropological Institute
Temas: antropoloxía social, antropoloxía biolóxica, arqueoloxía, estudos sobre cultura material
Sumarios:
-Coré
Edita: co-edición  por la SFIIC e  Éditions Errance
Temas: conservación e restauración de patrimonio cultural
Sumario e resumes:
-Culture et musées: antes Publics et musées
Edita: Université d’Avignon
Temas: patrimonio cultural, institucións culturais, xestión de museos
A texto completo Publics et musées, e de Culture et musées desde nº 1 (2003) até o nº 10 (2007) pois ten unha cadencia de dous anos aproximadamente de publicación a texto completo:
-Curator
Edita: California Academy of Sciences
Temas: xestión de museos, prácticas expositivas, estudos de usuarios, conservación, educación en museos
Sumario e resumes:
-Current anthropology
Edita: University of Chicago Press
Temas: antropoloxía social e cultural, antropoloxía física, etnoloxía, etnohistoria, arqueoloxía e prehistoria, folclore e lingüística.
Algúns artigos a texto completo, sumarios: 
-Datatèxtil
Edita: Centre de Documentació i Museu Tèxtil de Terrassa
Temas: restauración e conservación de tecidos, industria téxtil, artesanía téxtil, tecido, indumentaria, vestido, moda
Sumarios:
-Ethnologia Europaea
Edita: co-edición Museum Tusculanum Press e University of Copenhagen
Temas: antropoloxía social e cultural e socioloxía europea
Sumarios:
-Ethnos: journal of anthropology
Publica: Routledge Journals, Taylon & Francis e Fundada por The Museum of Ethnografy, Stockholm
Temas: antropoloxía social e cultural, etnografía, socioloxía, historia e teoría da antropoloxía, ciencias sociais
Sumarios, resumes, acceso a texto completo a algúns artigos:
-Ethnomusicology
Edita: Society for Ethnomusicology e publicada por University of Illinois Press
Temas: dirixida a músicos, folcloristas, antropólogos
Sumarios:
-Gradhiva
Edita: Musée du Quai Branly
Temas: etnoloxía, historia, estética, socioloxía, música, literatura
Texto completo algún números, sumarios
-Museum anthropology. Journal of the Council for Museum Anthropology
Edita: Chip Colwell-Chanthaphonh and Stephen E. Nash e publica: American Anthropological Association (AANA)
Temas: fomentar a antropoloxía dentro dos museos
Sumarios:
-Museums journal
Edita: Museums Association. London
Temas: museoloxía, montaxe exposicións, conservarción do patrimonio,
Sumarios:
-Nuova museología
Edita: dell'Associazione Italiana di Studi Museologici
Temas: museoloxía
A texto completo do nº 1 ao nº 18,
-Revue des études juives
Edita: Société des Études Juives
Temas: antropoloxía, socioloxía e historia do xudaísmo e dos xudeos
Sumarios:
-Technè
Edita: Centre de Recherche et de Restauration des Musées de France
Temas: conservación e restauración do patrimonio, materiais e  procesos de restauración
Sumarios:
-Techniques et culture
Edita: Maisons des Sciences de l’Homme
Temas: etnoloxía, antropoloxía social e cultural, socioloxía da cultura
Texto completo nº 35-36 ao nº 50, sumarios
-Terrain: revue d’ethnologie de l’Europe
Edita: Ministère de la Culture et de la Communication et la Fondation de la Maison des sciences de l'homme de Paris.
Temas: ciencias sociais, antropoloxía da sociedade actual, partindo dun tema concreto: a música, o amor, o diñeiro, a cooperación… estudiado por sociólogos, antropólogos, psicólogos, etnólogos, historiadores
A texto completo desde o nº 1 ao 49 (e continuando), sumarios:
-Visual Anthropology Review
Edita: Liam Buckley and Laura Lewis e publicada por American Anthropological Association (AMAA)
Temas: antropoloxía visual e cultural
Todos os títulos que temos no fondo de publicacións seriadas na Biblioteca do Museo Etnolóxico, en curso e xa cerrados, de compra, intercambio doazón pódense consultar AQUÍ