sexta-feira, 29 de julho de 2011

Novidades xullo 2011

Os foxos do lobo: a caza do lobo na cultura popular / David Pérez López. Canela, 2010
O libro editado en galego e castelán é o resultado dun  traballo de investigación levado a cabo sobre o terreo polo arqueólogo David Pérez López no cuadrante noroeste peninsular,  zona case exclusiva a nivel mundial e onde mellor se conservan os Foxos de lobo, nome común con que se coñecen en Galicia as trampas históricas construídas para cazar lobos. Descríbense os métodos de caza empregados tradicionalmente, apórtanse fichas coa catalogación técnica de numerosas destas construcións e o traballo de escavación científica, dirixida polo propio autor, sobre un foxo, a varios apartados adicados a bioloxía, a cultura popular...


O traballo estuda a situación dos labregos e da Galicia rural durante a dictadura franquista. Asuntos que deixaron fondas pegadas no noso presente, como a destrución da sociedade civil rural e a desmobilización política dos campesiños, a construción polo franquismo dun consenso baseado na normalización dos comportamentos corruptos e clientelares, a Revolución Verde son tratados en profundidade a partir do sindicalismo vertical franquista como fío condutor.


Domingos de calcetíns brancos:retrato do cambio social na xeración de 1950 / Manuel Pérez Rúa. Galaxia, 2010

A través das voces de trinta e un membros da xeración de 1950 -enmarcadas en datos sociolóxicos para comprender a magnitude e o contexto das transformacións- este ensaio analiza o cambio social que supuxo a mudanza dunha cultura autoritaria, centralista, relixiosa e paternalista a outra democrática e autonómica. A vivencia do paso da produción ao consumo, da pobreza á clase media, do sentido do deber á cultura do inmediato, do galego ao castelán e do crucifixo ao agnosticismo.




Algo máis que un café: o Derby de Vigo 1921-1968 / Albino Mallo. Galaxia, 2010
A historia do Café Bar Derby de Vigo é a dos milleiros de persoas que pasaron por ese local durante os case cincuenta anos en que permaneceu aberto.
Punto de encontro de artistas e escritores, o café é o centro de destas memorias escritas polo xornalista Albino Mallo, fillo do propietario. A historia da cidade de Vigo, e con ela a de Galicia, entra e sae do Derby xunto con persoeiros como os irmáns Álvarez Blázquez, Francisco Fernández del Riego, Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, os escritores Valle-Inclán, Cunqueiro e Castroviejo e os pintores Maside, Laxeiro, Colmeiro e Urbano Lugrís.



O lecer dasaugas: historia dos balnearios de Galicia 1700-1936 / Luís Alonso, Elvira Lindoso, Margarita Vilar. Galaxia, 2011
Preséntase a historia dos balnearios máis importantes de Galicia nos séculos pasados: A Toxa, Os Baños do Marquesito en Arteixo,  As augas do lume en Cuntis, as augas de Dávila e Acuña, o balneario familiar en Caldelas de Tui, O Carballiño e Portovia, a Vila de Carballo, Cortegada, Guitiriz, as Termas de Lugo, Baños de Molgas,  a Belle epoque de Mondariz, as augas louras do Incio, e as augas de Verin.




Antropología del género / Beatriz Moncó . Síntesis, 2011

 Este libro pon a disposición dos lectores as diversas teorías e problemáticas que constitúen o núcleo da antropoloxía do xénero e ­ achégalles a algúns aspectos que hoxe en día son relevantes, non só dende unha visión academicista das relacións e identidades de xénero, senón dende a cotianidade das súas vidas.


Todas as publicacións da Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia pódensen consultar no catálogo da rede de bibliotecas de Galicia AQUI 

sexta-feira, 15 de julho de 2011

Abrente: orixe da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia_MIT

Hoxe 15 de xullo da comezo a edición 27 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, até o día 23 de xullo, en Ribadavia, capital do teatro galego, poderase desfrutar da maxia e da sabiduría do teatro, convivindo durante 10 días con actores, actrices, técnicos, voluntarios, Ribadavia cheira a teatro. Programa da MIT AQUÏ.

A orixe desta Mostra Internacional de Teatro, que en 2009, celebrou o seu 25 aniversario, está nun grupo de mozas e mozos ribadavienses, que alá polos anos 70 do século XX dan vida á Agrupación Cultural Abrente, que entre outras actividades poñen en funcionamento a Mostra de Teatro en Galego e o Concurso de Textos Teatrais, e que a partir da 5ª en 1977,en un acto reivindicativo en defensa do teatro galego e da língua galega, mudáronlle o nome, como se ve na imaxe do cartaz, e que se mantivo
    até 1980. Podedes ler a reivindicación no limiar do programa da 5º Mostra AQUÍ. Conservar e poñer en valor o legado da Asociación Cultural Abrente, é tamén do Teatro Galego.  
Todo o fondo documental e bibliográfico da Asociación  e polo tanto das mostras e dos concursos está custodiado, inventariado e conservado no Museo Etnolóxico. Ribadavia (grazas a labor previa de conservación das súas socias e socios), para quen teña interese no seu estudo esté é o Inventario Topográfico da Agrupación Cultural Abrente
Un completo estudo de investigación sobre as mostras e os concurso de Abrente foi feito por Inma López Silva e Dolores Vilavedra no libro: Un abrente teatral:  as Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia, editado por Galaxia en 2002, cos documentos depositodas no Museo Etnolóxico, por Abrente.

No Museo Etnolóxico. Ribadavia tamén se conservan os cartaces e programas de todas as Mostras Internacionais de teatro.

Para saber máis sobre a MIT e as súas 27 edicións:
-25 anos Mostra Internacional de Teatro, edición coordinada por Roberto Pascual e publicado por Difusora da Letras, Artes e Ideas en 2009
-A Startford de riba do Avia: 25 anos de Mostra Internacional de Teatro de Roberto Pascual. En: Madrygal. Revista de estudios gallegos, nº 12 (2009), pp. 165-171 . En liña http://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/MADR0909110165A/32928 [consulta 15-07-2011].

Para saber sobre o teatro galego:
-Un país desde as táboas: 125 anos de teatro galego [catálogo da exposición]  organizada pola Consellería de Cultura e Deporte e comisariada por Carlos C. Biscainho Fernandes.
-Catálogo de dramaturgos galegos 1973-2004: de abrente ata hoxe dirixido po Mar Nogueira e editado pola Xunta de Galicia en 2005.

segunda-feira, 4 de julho de 2011

Bibliografía rapa das bestas

Hoxe 4 de xullo finaliza a Festa de rapa das bestas 2011 en Sabucedo (A Estrada) provincia de Pontevedra, que en 1965 foi declarada Festa de Interese Turístico e non fai moito Festa de Interese Internacional, acompañando a esta festa, desde 2008, celébrase un concurso de fotografía, con 86 fotografías, da edición de 2010, inaugúrase, mañá 5 de xullo, no Museo Etnolóxico. Ribadavia a exposición Fotorapa10  III concurso de fotografía "Rapa das bestas de Sabucedo 2010".
Para saber máis desta ancestral festa máxico-relixiosa, seleccionamos unha pequena bibliografía, que se pode consultar na Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia, ver catálogo AQUÍ, así como algúns dos artigos xa se poden consultar directamente en internet nos enlaces indicados:
-Cabada Castro, Manuel: A rapa das bestas de Sabucedo. En: Tempos de festa en Galicia / [coordinación do proceso de investigación, Benxamín Vázquez González]. [Galicia] : Fundación Caixa Galicia, D.L. 2006-2008. pp.123-135 (V.2).
-Cabada Castro, Manuel:  "A rapa das bestas" de Sabucedo : historia e antropoloxía dunha tradición. Vigo : Ir Indo, D.L. 1992.
-Iglesia Hernández, Pedro Jesús: Los caballos gallegos explotados en régimen de libertad o caballos salvajes en Galicia /  director da tese, Carlos Luis de Cuenca Publicación 1974. Tese Inédita Universidad Complutense.
-Lis Quibén, Víctor: A Rapa das bestas de San Lorenzo de Sabucedo. [Pontevedra? :  Imprenta C. Peón, 1953?
-Reimóndez Portela, Manuel: A Rapa das bestas, Sabucedo. En: Pontevedra, nº 0 (1º semestre 1980) ; pp. 53-70.
-Vázquez Varela, José Manuel: A Domesticación dende unha perspectiva etnoarqueolóxica : os cabalos de monte do curro de Sabucedo. En: A Estrada, nº  8 (2005) ; p. 265-274. En liña: <http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/36/13/pg_269-280_vazquez-varela_8.pdf> [consulta 01-07-2011].
-Vázquez Varela, José Manuel:  La domesticación desde una perspectiva etnoarqueológica : los caballos de monte de Galicia, Noroeste de la Península Ibérica En: Gallaecia, nº 25 (2006) ; pp. 445-452. En liña:
-Pose Nieto, Herminio: Nuevos datos y perspectivas sobre la domesticación del caballo : los caballos criados en régimen de libertad en Galicia, Noroeste de España = New dates and perspectives on the horses domestication : the wild horses in Galicia, Northwest of Spain. En: Munibe. Antropologia-Arkeologia, vol. 57 (2005/2006) ; t. 1, pp. 487-493. En liña:
[consulta 01-07-2011].
Algunhas páxinas en internet para completar información:
http://www.aestrada.com/
http://www.youtube.com/ pódense ver vídeos buscando por Rapa bestas.
A fotografía da imaxe é de Tono Arias