sexta-feira, 14 de fevereiro de 2014

Galicia y el siglo XVIII. Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo (1701-1800)



Vigo Trasancos, Alfredo (dir.): Galicia y el siglo XVIII. Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo (1701-1800). A Coruña, Fundación Barrié, 2011


Contido do libro:Vol. 1: Incorpora toda a planimetría en cor precedida dun prólogo realizado polo profesor e académico Antonio Bonet Correa: 1004 páx.

Vol. 2: Os planos, reproducidos en branco e negro e a menor tamaño, aparecen acompañados de todas as súas correspondentes lendas manuscritas e os seus datos básicos de referencia, todo precedido por unha serie de estudos introdutorios realizados polos compoñentes do equipo de investigación. Remata o volume cunha rica bibliografía: 492 páx.

Tarxeta USB que inclúe unha completa base de datos con toda a información do libro.

10 reproducións de planos a toda cor, tamaño A2.
Máis información sobre o libro incluido o sumario AQUÍ


Alfredo Vigo Trasancos é Catedrático de Historia da Arte e profesor da Universidade de Santiago de Compostela dende 1979, é especialista en temas de Historia da Arquitectura e do Urbanismo. O  seu labor investigador centrouse no estudo do Barroco e a Ilustración, a Catedral de Santiago, a Torre de Hércules e as cidades da Coruña e Ferrol. Pola súa contribución á valoración do patrimonio arquitectónico da Cidade Departamental foille concedida en 2011 a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol. Para saber máis sobre o seu curriculum AQUÍ




A obra que aquí presentamos pon a disposición do gran público toda a planimetría que, en referencia á arquitectura e as cidades galegas, se conservou do século XVIII en diferentes arquivos nacionais e internacionais, chegando a compilar máis de 1600 planos e debuxos.


Tal cúmulo de planos pon de manifesto a grande importancia que tivo Galicia neste tempo que estivo dominado no estilístico polo Barroco e o Clasicismo. Tamén cumpriu o noso país un papel decisivo no militar por motivo da política defensiva que levou a cabo a Monarquía. Por conseguinte, que deba considerarse este período histórico como unha especie de momento de esplendor, próbao que fose entón cando se realizaron obras tan destacadas da nosa cultura artística como a fachada do Obradoiro da catedral compostelá, o grande Arsenal de Ferrol, obra crave do Estado borbónico ou, así mesmo, outras realizacións non menos importantes como o Concello de Santiago, o novo edificio da Universidade ou a fachada principal da catedral de Lugo que foi proxectada polo enxeñeiro-arquitecto Julián Sánchez Bort.


Ao mesmo tempo, o período reflicte non só unha bonanza económica que levou consigo unha gran febre construtiva, senón un momento de forte confrontación política e estética. As liberalidades do noso barroco viviron entón un momento de eclosión, pero tamén de acoso e marxinación en especial a partir da década de 1760. A Academia de Belas Artes de San Fernando, fundada en 1752 para garantir unha especie de ortodoxia estética, sumada ao crecente poder que vai emanar do Estado decidirán na desaparición do noso barroco. Á súa vez os mestres do país, formados nos medios e talleres locais, serán substituídos por especialistas e técnicos educados en escolas e academias que propoñían outra formación máis estrita e regulada. De aí que, nesta obra, a través de todos os seus debuxos e planos, haxa que ver algo máis que unha simple compilación; en realidade é unha especie de reflexo visual de toda esta situación xeral importante que se aprecia no papel que asumen as principais cidades, os grandes proxectos que se realizan, o enorme protagonismo que van ter as realizacións militares, os técnicos que as fixeron posibles e ata o propio papel que chegou a asumir o clasicismo académico que veu a ser unha especie de garante da boa orde estética que tratou de impoñer o "bo goberno" do chamado Despotismo Ilustrado así oposto a un desordenado e arbitrario Barroco.
 
Alfredo Vigo Trasancos

Bibliografía de Alfredo Vigo

quinta-feira, 6 de fevereiro de 2014

informe Biblioteca 2013

Xestión da colección bibliográfica:
-Monografías rexistradas durante 2013: 224 títulos, a asignación dunha partida de orzamento para compra de material bibliográfico, por parte da Xunta de Galicia (institución da que depende a xestión económica do Museo Etnolóxico) permitiu incrementar a colección con novidades bibliográficasforon adquiridos: 98 títulos de monografías, cuxas portadas publicamos no taboleiro de Pinterest do Museo Etnolóxico, o resto dos títulos rexistrados son de intercambios e doazóns de particulares e institucións. Destacamos as doazóns de Xosé Ramón Estévez, Fernando Mori, Mari Trini Domínguez Rodríguez e a de Raquel Álvarez Guntín, que a través da súa irmá Lidia Álvarez Guntín, fixo unha interesante doazón de libros escolares en moi bo estado e sen utilizar das décadas dos 50-60 do S. XX do Bazar Che de Ribadavia, pois neste bazar, entre outros obxectos, vendían libros de textos e material escolar. 
libros escolares do Bazar Che de Ribadavia
-Catalogáronse no catálogo colectivo da Rede Bibliotecas de Galicia, por parte da Biblioteca do Museo 303 exemplares, tendo en conta que tamén se fai catalogación retrospectiva de documentos xa existentes, e non só dos que ingresan.
-Publicacións periódicas activas durante 2013: 116 títulos (debido a restrición de orzamento mantense o mesmo número de títulos en curso que no ano 2012), estes 116 títulos activos con varios números ao ano, que foron xestionados para facilitar o acceso ao documenton,
-Baleirado de publicacións periódicas e obras colectivas: 200 exemplares, no Pinterest do Museo imos introducindo os sumarios dos novos números das revistas que van ingresando por meses.
-Xestión de 30 intercambios de publicacións con diversas institucións, con recepción e envío de publicacións.


Difusión selectiva da información:
-Das novidades, tanto das monografías como dos novos números das revistas, se informa puntualmente tanto a usuarios/as internos/as e externos/as a través de correo electrónico, e a través das redes sociais, para a difusión de novidades utilizamos Pinterest, neste 2013 incluimos 134 elementos referentes a índices e sumarios de revistas e 65 portadas de monografías que ingresaron como novidades con referencias ao índice da obra.
-Continuamos difundindo a actividade e os fondos da biblioteca a través deste blogue, cunha actualización máis ou menos periódica, en 2013 a actividade foi menor nos artigos ou entradas, introducimos 7 entradas de temas variados, porque lle adicamos máis tempo a páxina da II Xornada sobre Bibliotecas Especializadas celebrada este ano, onde aparece toda a información.
participantes na II Xornada sobre Bibliotecas Especializadas
-Toda a actividade xerada na II Xornada sobre Bibliotecas Especializadas foi difundida polas distintas redes sociais, con acceso directo aos documentos producidos: presentacións en power point dasconferencias, audios das conferencias e mesas de debate, audiovisual resumo, fotografías, storify resumo dos comentarios da xornada nas redes sociais, todos os enlaces na páxina da xornada no blogue da biblioteca. A xornada decorreu o 5 de xuño de 2013 co título: “Conservación e difusión dos recursos documentais en bibliotecas especializadas” con 63 participantes inscritos e 8 conferenciantes e moderadoras das mesas de debate.
-Entrevista na Radio Galega no programa Vivir aquí do 22 de abril 2013 para falar da actividade de Bookcrossing 2013 , son os últimos 5 minutos do programa.

Usuarios/as: uso da biblioteca
-Atendeuse a solicitude de información do persoal do museo como apoio documental e bibliográfico ás actividades desenvolvidas nas distintas áreas do museo: catalogación, conservación e restauración de pezas, exposicións… ben aportando fondos da propia biblioteca e ou ben aproveitando o servizo de préstamo interbibliotecario con bibliotecas galegas e estatais.
-78  usuarios/as externos/as  foron atendiados/as ben por correo electrónico, teléfono, persoalmente ou a través de préstamo interbibliotecario, sen esquecer que todas son consultas especializadas e sempre personalizadas, o que supón buscar e seleccionar a información, facilitar o acceso o documento ben de forma presencial ou ben a través de fotocopias e cada vez máis a través da dixitalización de
capa do DVD-Documental de Antonio Simón
documentos. Tamén se xestionaron préstamos intrabibliotecarios con outras Bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia e de Bibliotecas Públicas do Estado. Entre os temas consultados: adegas tradicionais do Ribeiro, Asociación Cultural Abrente e as Mostras de Teatro, anunicios publicitarios en xornais locais antigos, documentación sobre a Banda de Música a Lira de Ribadavia, sobre a Familia Chao, sempre sobre o viño do Ribeiro, os inicios da luz eléctrica no Ribeiro... 

-As consultas ao catálogo en liña da Biblioteca do Museo foron de 1519, baseadas nunha estimación das administradoras do catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia, no que está integrado o catálogo da Biblioteca do Museo. 
-Este blogue da Biblioteca durante 2013 tivo 2723 visitas virtuais.
-Gravación e uso de documentación e fondos bibliográficos no Programa nº 1021  de TVE Desde Galicia para el mundotitulado “Lo nuestro es puro teatro” emitido o 18-05-2013, no documental de Antonio Simón: “Abrente: unha clave para o teatro galego” editado pola Xunta de Galicia. 
-Visita á Biblioteca do Museo do Profesorado do IES San Clemente de Santiago de Compostela con motivo do ano das Letras Galegas  adicado a Roberto Vidal Bolaño pola súa relación coa Asociación Cultural Abrente cuxo fondo está depositado no Museo Etnolóxico.

COLABORACIÓNS:
-Colaboración co Departamento de Lingua galega e Literatura do IES Ribeiro de Ribadavia na búsqueda de información no Fondo Abrente e acceso ao documento a través da dixitalización de documentación relacionada coa Asociación Cultural Abrente e as Mostras de Teatro Galego co obxectivo de montar a exposición: “Vidal Bolaño e a Mostra de Teatro de Ribadavia", realizada polos profesoras do IES Ribeiro: Rita Abraldes Iglesias e Maribel Gil Cacheiro para expor no IES Ribeiro de Ribidavia, para celebrar o Día das Letras 2013 adicado a Roberto Vidal Bolaño, e que durante os meses de verán estivo exposta nas salas do Museo Etnolóxico. Esta colaboración deu como froito que Rita e Maribel redactaran a ficha nº 21 de Pretextos e Textos, publicada pola Asociación de Amigos do Museo.
exposición: Vidal Bolaño e a Mostra de Teatro de Ribadavia
-Colaboración coa Facultade de Empresariais e Turismo  da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, grazas á colaboración da profesora Fátima Braña na actividade do Bookcrossing do 23 de abril  Día Internacional do Libro.
-Colaboración con máis de 62 Bibliotecas de Museo de toda España repartindo libros libres por todo o mundo na actividade de Bookcrossing 2013 o 23 de abril para celebrar o día Internacional do Libro. Enlace ao vídeo promocional elaborado pola Biblioteca-Centro de Documentación do ARTIUM de Vitoria AQUÍ

OUTRAS ACTIVIDADES:
- Asistimos en  Madrid ás "II Jornadas de Bibliotecas de Museos" que este ano tiveron lugar no Museo del Prado do 6 ao 8 de novembro co título: "Estrategías e innovación" coordinadas por BIMUS-Red de Bibliotecas de Museos, onde tivemos a oportunidade de escoitar interesantes conferencias e comunicacións coma a da nosa compañeira Amparo Pons da Biblioteca do Museu Valencià d'Etnologia que nos presentou o seu Etnobloc
-Desde xuño de 2013 a Bibliotecaria do Museo Etnolóxico foi nombrada polo Secretario Xeral de Cultura en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, como Secretaria da Comisión Técnica de Cooperación de BibliotecasEspecializadas incluida dentro do Consejo de Cooperación Bibliotecaria do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. A Presidenta Carmen Bouzas, bibliotecaria do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) explicounos na II Xornada sobre Bibliotecas Especializadas as funcións desta Comisión, tedes AQUÍ o power, e podedes escoitala no audio AQUÍ  
conferencia no Museo del Romanticismo. Madrid
-Presentación da conferencia: “Museo Abierto, tres programas y un compromiso” nas Jornadas de Formación Museológica organizadas polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte e que tiveron lugar no Museo del Romanticismo en Madrid do 26 ao 28 de novembro de 2013 co título: “Abiertos a todos: museos socialmente comprometidos. Reflexiones y experiencias”, o vídeo da conferencia AQUÍ.
Dar as grazas a todas/os compañeiras/os de Bibliotecas de Museos por difundir a participación da Biblioteca do Museo Etnolóxico nesa conferencia, son 8 minutos a partir do minuto 40, en especial MUSAS-València  , Biblioteca Museu Valencià d'Etnologia no seu Etnobloc, Bibliotecas Especializadas de Zamora, e BIMUS- Red de Bibliotecas de Museos