quinta-feira, 25 de novembro de 2010

Novidade editorial: As fábricas de papel na comarca do Carballiño

 

O domingo 21 de novembro presentábase nas instalacións da antiga fábrica de papel de Lousado (Piñor) na comarca do Carballiño o libro: “ As fábricas de papel na comarca do Carballiño” editado polo Centro de Estudios Chamoso Lamas.
Como indica no prólogo, Xosé Carlos Sierra, director do Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense, o estudo feito neste libro polo xeográfo Francisco Fumega e o historiador Xosé Luis Sobrado investiga desde unha prespectiva da historia local á industrialización decimonónica da Galiza nun sector escasamente tratado como é o papel e a súa fabricación.
No traballo realizan un levantamento das principais fábricas existentes na conca do  río Arenteiro, así como un estudo sociolóxico das persoas que levantaron e traballaron nestas industrias, por un lado os burgueses innovadores e por outro as mulleres asalariadas que traballaban nestes enxeños, e as consecuencias económicas que supuxo a fabricación de papel para a comarca do Carballiño. Todo isto é resultado da consulta de diversas fontes documentais: arquivos parroquiais e históricos, museos, fontes orais, estatísticas, protocolos notariais...
Podedes consultar este estudo na Biblioteca do Museo.

quarta-feira, 10 de novembro de 2010

Curso de etnomuseoloxía

Folleto curso etnomuseoloxia

Se alguén precisa máis información bibliográfica ou documental
sobre etnomuseoloxía, patrimonio etnolóxico, xestión do
patrimonio, identidade... para ir ben informado ao curso
e participar activamente nas mesas de debate,
podedes consultar o
catálogo da Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia,
chamar por teléfono, escribir correo electrónico
ou vir en persoa, tedes información aqui