quarta-feira, 20 de abril de 2016

Libros e sendeirismo. Bookcrossing 2016


Por oitavo ano consecutivo un total de 56 Bibliotecas de Museos e Centros de Arte de toda España compartirán o 22 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro (23 de abril), unha experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas, e coa intención de que quen os recolla, goce da súa lectura e volva liberalos noutro punto distinto do mundo, a cuestión é sinxela: OS LIBROS QUEREN VIAXAR.
 
Os libros conterán as instrucións necesarias para facilitar a quen encontre o libro a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina da internet de Bookcrossing.

libro liberado en 2015



Este ano a Biblioteca do Museo Etnolóxico vai deixar libres once libros polos paseos, sendas, vieiros e carreiros da Comarca do Ribeiro e da cidade de Ourense. Sempre é unha boa maridaxe gozar dun libro ao ar libre, así que atentas aquelas persoas que lles gusta saír a gozar da natureza, mirade para todos os lados, se chove estarán máis escondidos e animar a aquelas que están dubidosas a xogar na busca e captura dun interesante libro. 
Neste enlace podedes ver que libros liberaramos e onde AQUÍ




Fotos dos bonitos sendeiros e vieiros nos que liberamos os libros o 22 de abril de 2016 AQUÍ.
 
En Radio Ribeiro Álvaro Rodríguez fixolle unha entrevista a bibliotecaria do Museo Etnolóxico onde explica en que consiste o xogo do bookcrossing podedes escoitala aquí:

 
 
Na nosa comunidade únense tamén a esta inicitativa xunto coa Biblioteca do Museo Etnolóxico as Bibliotecas do Museo das Peregrinacións e de Santiago, do CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea e do Museo de Belas Artes da Coruña, todos eles dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como as Bibliotecas o Museo da Marioneta de Lalín, do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo e da Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela,

Este é o vídeo editado pola Biblioteca e Centro de Documentación do ARTIUM de Vitoria  para difundir a actividadede bookcrossing para este ano 2016.