quarta-feira, 20 de abril de 2011

Doazóns de particulares á Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia

Unha das formas de ingreso de documentación bibliográfica son as doazóns desinteresadas por un lado de institucións e asociacións e por outro lado de particulares, a estes queremos hoxe por en valor.
As doazóns de particulares, despois do estudo e selección por parte do persoal técnico do material ofrecido, pois debe adecuarse as temáticas e necesidades de información das materias do propio Museo Etnolóxico, pasan a formar dos fondos bibliográficos da biblioteca, procuramos que todas as doazóns teñan o seu inventario.
Dentro das doazóns valoramos sobre todo material de difícil conservación como a prensa antiga, a literatura gris (informes, estatutos, balances de empresas, asociacións, institucións...), así como material efímero (folletos, convites, dípticos, correspondencia, programas...) de actividades políticas, económicas, culturais que habitualmente teñen unha difícil distribución, e que son documentos de información importantes para o estudo da antropoloxía social e cultural.
Agradecemos a todas as persoas doantes, que axudan a incrementar os fondos bibliográficos e documentais da Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia, e permitindo así, por un lado, a súa conservación e, por outro, a posibilidade de que toda persoa interesada poda consultalo nunha institución pública.
O noso recoñecemento a todas esas persoas, nesta relación que se pode ver AQUÍ.

sexta-feira, 1 de abril de 2011

Foro sectorial Bibliotecas de Museos en Fesabid2011

Despois da Xornada de Bibliotecas Especializadas que organizamos o 20 de outubro de 2010 desde a Biblioteca do Museo Etnolóxico, establecéronse relacións moi interesantes entre profesionais, que permitiron concretar colaboracións, unha das máis inmediatas e que xurdiu do grupo de bibliotecas especializadas de museos é a presentación ás xornadas de Fesabid2011 ,que este ano se celebrarán en Málaga do 25 ao 27 de maio, dun foro sectorial de bibliotecas de museos, dentro da sección de actividades profesionais, o día 25 de maio de 16.00 a 18.00. Na primeira hora haberá varias intervencións para presentar propostas de traballo de colaboración e na segunda hora debatiranse e concretaranse estas e outras propostas para empezar a cooperar.
Participantes
-Rosa Chumillas (Biblioteca. Museo Arqueológico Nacional)
-Araceli Corbo (Biblioteca-Centro de Documentación. MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León)
-Beatriz García Villarino (Biblioteca. Museo de Zamora)
-María Prego de Lis (Biblioteca. Museo del Traje, CIPE)
-Pilar Poveda (Biblioteca. Diputación Provincial de Jaén. Instituto de Estudios y AAB-Grupo de Trabajo de Bibliotecas Especializadas)
-Ana Real (Biblioteca. Diputación Provincial de Jaén. Instituto de Estudios Giennenses y AAB-Grupo de Trabajo de Bibliotecas Especializadas)
-Elena Roseras (Biblioteca-Centro de Documentación. ARTIUM, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo)
-Emilio Ruiz (Biblioteca. Museo Etnográfico de Castilla y León)
Moderadora
- Rosa Lamas (Biblioteca. Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense)
Aquí pódese ver o programa completo.
Para elaborar o programa abrimos un blog onde se foron aportando ideas que despois se concretaron no programa definitivo. Aquí pódese consultar o blog de traballo.