segunda-feira, 23 de agosto de 2010

catálogo da exposición: "Álbums para o reencontro Ribadavia e os ribadaviense VII". Festa















Este catálogo completa a exposición do mesmo título, que se pode ver en dúas das salas do Museo Etnolóxico. Ribadavia, nesta edición preténdese unha aproximación á festa; á diferenza entre a festa, acto festivo, celebración, etc. así como a análise diacrónica de todo aquilo que hoxe se denomina festa, e por outra parte, contrastar e complementar a información que pode ser lida nas fotografías con outras fontes.
Preséntanse algunhas notas descritivas e analíticas de distintas festas da vila de Ribadavia: as Candelas, San Lázaro, as Angustias, San Roque..., e  analízanse dúas festas relevantes, que transcenden as fronteiras da propia vila: as festas na honra da Virxe do Portal " a festa de todos" e a Festa da Istoria "a festa para todos".
Pódense ver mais datos da publicación na rede de bibliotecas de Galicia no Católogo da Biblioteca do Museo Etnolóxico

terça-feira, 10 de agosto de 2010

Museo no cárcere: "A tatutaxe desde dentro: pasado e presente"


 O día 1 de xullo de 2010 inaugurouse no cárcere de Pereiro de Aguiar (Ourense) á exposición: A tatuaxe desde dentro: pasado e presente pensada, documentada, deseñada e montada polas persoas participantes no obradoiro coordinado por técnicas do Museo Etnolóxico durante case seis meses.

convite da exposición
Esta é a terceira edición do obradoiro Museo no cárcere, dentro do proxecto Museo Aberto, e como en anos anteriores a Biblioteca do Museo Etnolóxico participou activamente:
-cedendo como préstamo durante seis meses á biblioteca do centro penitenciario monografías, revistas, artigos relacionados cos adornos corporais, tatuaxe, deseño e montaxe de exposicións,
-elaboráronse bibliografías das fontes documentais utilizadas,
resultado da búsqueda de documentación
-consultas en catálogos de bibliotecas, repositorios, bibliotecas dixitais, recollida de documentos dixitais e páxinas web relacionadas coa tatuaxe.
-valoramos o uso didáctico da internet como fonte de información.
exposición do libro: Las razas humanas

Para a exposición escolleuse un dos libros antigos da Biblioteca o tomo I de: Las razas humanas  de Federico Ratzel editado en  Barcelona por Montaner y Simón, 1888-1889, onde se mostra o significado e as formas da tatuaxe en distintas culturas.

Ver folleto

segunda-feira, 2 de agosto de 2010

Título das ponencias da xornada bibliotecas especializadas

As convidadas á xornada de bibliotecas especializadas do día 20 de outubro de 2010, xa perfilaron o tema do que nos van falar:
*Maite CuendeBibliotecas especializadas da Generalitat de Catalunya: traballando na rede desde 1998.
*Ana Real Duro: Visibilidade das bibliotecas especializadas en Andalucía: unha experiencia desde o asociacionismo.
*María Prego e Rosa Chumillas: BIMUS: Red de Bibliotecas de Museos.
*Elena Roseras: A xestión do patrimonio artístico documental no Centro de Documentación de ARTIUM.
*Araceli Corbo: Acción, actores e acción. Visibilidade da UI e do papel do profesional da información a través do uso das Novas Tecnoloxías.