quinta-feira, 13 de janeiro de 2011

Alberto Sampaio: historiador e agricultor portugués

Na exposición: "Os frutos da terra em Alberto Sampaio" que até principios de febreiro se pode ver no Museo Etnolóxico. Ribadavia, a través da obra escrita e a experimentación deste historiador, agricultor, agrónomo e vitivinicultor portugués temos unha visión do mundo rural tal como se manifestaba en pleno século XIX, evidenciando algunhas das prácticas máis antigas, moitas delas símbolos da identidade dunha forte cultura popular, na rexión portuguesa entre o Miño e o Douro, con costumes e tradicións practicamente indiferenciadas con Galiza, como apunta a Emilia Nóvoa Faria, comisaria da exposición.

Algúns dos escritos máis importantes de Alberto Sampaio: “As Villas do Norte de Portugal”, “As povoas marítimas”, “A propriedade e cultura do Minho”, “O presente e o futuro da viticultura do Minho” aparecidos en revistas de prestixio como: Portugalia, Revista de Guimarães, foron organizados por Luís de Magalhães  en 1923 na obra recopilatoria en dous volumes: Alberto Sampaio: estudos históricos e económicos, esta edición pódese consultar na Biblioteca do Museo Etnoóxico. Ribadavia dentro do depósito do historiador Rubén García Álvarez.

Esta exposición foi concebida para conmemorar en 2008 o centenario do falecemento do historiador portugués, e que agora empeza a súa viaxe por Galiza.

Máis información sobre Alberto Sampaio AQUÍ