terça-feira, 21 de abril de 2015

50 cafés históricos de España y Portugal

portada do libro editado por Alvarellos Editora
Franjo, Fernando: 50 cafés históricos de España y Portugal. Santiago de Compostela: Alvarellos Editora, 2014

A obra do xornalista Fernando Franjo: Cafés históricos de España e Portugal recolle cincuenta museos vivos reunidos por vez primeira nun roteiro único. O libro é un percorrido histórico e literario por 50 locais emblemáticos da Península ibérica, sen esquecer as paisaxes humanas que sobrevoan uns espazos tan ligados ás vivencias de persoas, vilas e cidades. 330 fotografías e documentos de época ilustran e contextualizan esta viaxe. Como sinala Antonio Bonet Correa no prólogo, “son ejemplares únicos que deben ser visitados por lo menos una vez en la vida”.

Pódese ver o interior do libro AQUÍ




Fernando Franjo no Café Iruña (Pamplona)

  
  Fernando Franjo Franjo (Monforte de Lemos, 1963). Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como xornalista desde hai máis de dúas décadas no diario da capital de Galicia, El Correo Gallego, onde se especializou en temas de ámbito cultural,  sobre todo en música, eido no que entrevistou a algunhas das máis grandes estrelas do jazz, o blues ou o rock. 
Apaixonado dos cafés históricos e literarios, desde hai anos investiga e publica sobre este mundo en prensa escrita e nas redes, en especial a través do seu coñecido blog “La vuelta al mundo en 80 Cafés”. 





50 cafés de España y Portugal é un roteiro por medio centenar de Cafés entendidos como monumentos. Tratasé dun percorrido por establecementos vivos que aínda permanecen abertos ó público e que transportan ó lector a poñer en valor o Café con maíuscula e percorrer a Península ibérica dun xeito diferente, cunha mezcla de historias, crónicas e o abundante anecdotario deixado por centos de persoeiros da cultura e do saber popular de moitas vilas e ciudades. O libro (Alvarellos editora) é o primeiro traballo que leva a negro sobre branco un repaso de todos aqueles recintos que desafortunadamente non están habitualmente nas bibliotecas nin no capítulo de urbanismo nin de cultura. 

Establécese un roteiro cafeteiro en espiral de oeste a este por locais pragados dunha imprescindible sensibilidade e un anecdotario prácticamente inagotable propiciado pola versatilidade dun público e un servizo secular. 
 
O libro, ilustrado con máis de 330 fotografías e imaxes antigas dos establecementos, parte nunha ruta cafeteira en espiral do oeste de Galicia con once establecementos ineludibles. Comeza polo Café Casino de Compostela, agora un dos locais máis emblemáticos xa non só de Galicia senón de toda a Península e conclúe no Café Comercial de Madrid e distingue entre o Café, entendido como establecemento histórico, ou o entendido como popular, ou o que é o mesmo aquel emblema no que discorreroron os anos á sombra de tazas e veladores. É, sen dúbida, un recordo dos cafés que forman parte da nosa vida, do noso patrimonio. 

Fernando Franjo Franjo


Moitas grazas a Fernando Franjo pola súa colaboración e por vir presentar o seu libro ao Museo Etnolóxico.

terça-feira, 7 de abril de 2015

Abril: mes do libro

O mes de abril é o mes no que cada ano celebramos o Día Internacional do Libro, 23 abril. Para este 2015 o Museo Etnolóxico presenta unha serie de actividades cuxo fío de unión son os libros:

 -17 de abril ás 20.30 h: presentación do libro 50 Cafés históricos de España y Portugal  polo seu autor Fernando Franjo Franjo, editado por Alvarellos Editora. Ofrecerase un café ás persoas asistentes.

A obra realiza un percorrido histórico e literario por 50 locais emblemáticos da Península ibérica, sen esquecer as paisaxes humanas que sobrevoan uns espazos tan ligados ás vivencias de persoas, vilas e cidades. 330 fotografías e documentos de época ilustran e contextualizan esta viaxe.

-23 abril todo o día: liberación de libros, bookcrossing, pola comarca do Ribeiro, acción que se fará conxuntamente con outras moitas bibliotecas de museos de todo o estado, este é o terceiro ano no que participa a Biblioteca do Museo Etnolóxico. Podedes ver o libros que imos deixar libres así como os lugares onde os liberaremos neste enlace AQUÍ

Vídeo promocional, editado pola Biblioteca do Museo ARTIUM de Vitoria da liberación de 2015 AQUÍ. 
Neste enlace podedes ver o álbum de fotos da liberación de 2015 por terras do rural da comarca do Ribeiro AQUÍ

 

-23 de abril: 20:30 h: recital de poesía e música para presentar o libro-disco Muller de papel de Rochi Nóvoa, editado por Abooks.  
Poesía, música e artes gráficas acobilladas nunha caixa que contén un segredo: unha serie de 32 láminas que mostran no seu anverso a interpretación que fan un feixe de artistas gráficos dos poemas que podemosler no reverso.
Podedes ver un momento da presentación no Café Cultural Auriense AQUÍ.

-29 de abril: 20:30 h: presentación do libro Errores del destino de Mari Carmen Rodríguez Barros, editado por Círculo Rojo.

Unha historia de vida contada a través dun relato e poemas, que reflicten situacións vividas por unha muller, guiada pola súa imaxinación e atraída pola fascinante idea de coñecer outros países e outras culturas.

Podedes descargar o folleto coas actividades para este mes do libro picando no enlace: