Entre a diversidade de fondos do Museo Etnolóxico hai que destacar a importancia dos fondos documentais do Depósito Rubén García Álvarez, investigador da historia medieval de Ribadavia , do Ribeiro e de Galiza, ademáis de conservador de documentos históricos, ben transcribindo o documento ou ben gardando o documento orixinal.
O traballo de investigación do profesor da Facultade de Humanidades de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela: Gonzalo Francisco Fernández Suárez, con varias obras sobre o condado de Ribadavia, que se poden consultar no catálogo da biblioteca do museo, fixo que se achegara ao fondo documental de Rubén García Álvarez para consultar tres libros pertencentes ao Arquivo Municipal de Ribadavia: “Libro con foros antiguos da vila de Ribadavia 1524-1541”, “Libro de ayuntamiento (libro de actas) 1542-1559” , “Libro de contas dos procuradores “. O resultado da súa consulta levou á dixitalización destes documentos, fundamentais para o estudo da historia de Ribadavia e de Galiza.
Esta dixitalización permite á Biblioteca do Museo facilitar, a calquera persoa interesada, o acceso á informanción destes documentos sen interferir na súa conservación.
As consultas aos fondos bibliográficos e documentais das bibliotecas, arquivos e centros de documentación permiten axudar a mantelos vivos
Sem comentários:
Enviar um comentário