segunda-feira, 4 de novembro de 2013

Cinema fóra das salas. E logo onde?


Hai pouco liamos en El Confidencial este artigo: “Los cines españoles han muerto, larga vida a los museos”, non nos gusta que desaparezan salas de cinema, mais encántanos que un medio de comunicación valore o labor que están facendo os museos a hora de conservar e difundir o cinema, ben a través de exposicións ou ben proxectando cinema con ciclos variados, desde os museos de arte contemporáneo aos museos etnográficos.
cartaz do ciclo Cine de outono 2013 Museo Etnolóxico. Ribadavia
 En Galicia o Museo do Pobo Galego: Mostra de cinema etnográfico, Museo de Lugo participa na Semana Internacional de Cine de Autor, os Museo Cientificos de A Coruña teñen programación continuada de cinema entre eles está o Museo Domus de A Coruña que ofrece cinema en 3D, o CGAC colabora co Festival Cineuropa , o MARCO de Vigo ten cursos e varios ciclos de cinema, o Festival AMAL de cinema árabe en edicións pasadas proxectou filmes en diferentes museos como a Rede Museistica Provincial de Lugo, no MACUF de A Coruña, e por suposto o Ciclo de Cine de outono:miradas etnográficas do Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense que xa vai pola 2ª edición ademáis das colaboracións coa Federación de Cineclubes de Galicia e co Cineclube Padre Feijoo de Ourense no ciclo Marxes Fílmicas.
Tamén se pode ver cinema nas Bibliotecas Públicas, nas asociacións culturais, nas Casas da Cultura e Auditorios de moitos Concellos, nos Cineclubes de Galicia, a xente de A Coruña pode ir o CGAI a filmoteca de Galicia tamén ten un servizo de préstamo de producións audiovisuais das que a Xunta de Galicia ten dereitos de difusión para institucións e asociacións sen ánimo de lucro, nas Universidades con ciclos para case todos os gustos, un exemplo: no Campus de Ourense ciclo cinema: A muller na historia, ou o ciclo pensar o cine.
cartaz do CineClube Padre Feijoo de Ourense


E cando prefiras cinema na túa casa podes pasarte por calquera Biblioteca Pública de Galicia ben sexa Nodal, Municipal, Escolas de Idiomas ou Bibliotecas de Museos e pedir en préstamo o filme que máis che preste nese momento, nos últimos anos a sección de audiovisual foi medrando considerablemente, se o queres comprobar visita o taboleiro de pinterest de novidades de cinema da Biblioteca Pública de Ourense por poñer un exemplo.
Tamén a TV e a internet son canles para  ver cinema de balde nos casos de filmes que xa non teñen dereitos de autor ou pagando, referimos o caso de Play-Doc TV onde se poden ver a través de R Televisión os documentais proxectados no Festival Internacional de Documentais de Tui. Na internet hai en multitude de páxinas. 
Presentámosvos unha pequena lista de páxinas onde se pode acceder a filmes, documentais, curtametraxes, cinema experimental de dirección ou produción galega ou ben audiovisual sobre Galiza:
é unha plataforma web da Axencia Galega dasIndustrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinada á promoción e difusión da creación audiovisual galega cun obxectivo eminentemente cultural e divulgativo. A través deste portal, ofrécese aos internautas a posibilidade de acceder de xeito gratuíto a un amplo catálogo de filmes para o seu visionado completo.
Este servizo inicia a súa andaina en 2012 incorporando tanto novos contidos como parte dos que albergaba o antigo portal Flocos.tv. Os vídeos clasifícanse en torno a seis categorías principais: ficción, animación, documental, experimental, videoclips e adiantos.
documental galego máis antigo pódese ver en CanleTV

 -O soportal do audiovisual galego
promovido polo portal culturagalega.org, do Consello daCultura Galega. Permite ver trailers, así se fixo, documentos, curtas, mediametraxes, longametraxes, documentais, programas de TV, series… ademáis de recoller fichas de directoras/es, actrices, actores, guionistas, músicos
-Archivo Histórico del NO-DO noticiarios e documentais cinematográficos
Colabora RTVE e a Filmoteca Española para lanzar na internet o maior fondo histórico audiovisual de España: filmes como “Un perro andaluz” de Luis Buñuel, curtametraxes e documentais, así como os noticiarios do NO-DO desde 1943 a 1981 para consulta libre de toda a xente. Para localizar audiovisuais sobre Galiza pódense facer distintos tipos de búsquedas.
O proxecto Ruralmedia nace do intercambio de experiencias entre unidades (Cinemateca e Mediateca) dos Ministerios de Agricultura de Francia, Países Baixos e España, o obxectivo principal é difundir e transferir as experiencias e materiais do traballo compartido na recuperación e valorización do material multimedia que trata sobre o medio rural nos diferentes países. Pódense ver dous documentais sobre o traballo do agro en Galicia.
A través de redes sociais especializadas en videos como Vimeo ou Youtube podemos ver de balde varios filmes, curtametraxes, documentais galegos ou sobre Galiza, imos presentarvos unha pequena selección, pero podedes esculcar na rede seguro que atopades algo interesante.
En Vimeo podemos ver: 
-Percebeiros de David Beriain
-A conserveira de David Batlle   
-Lobos sucios  de Felipe Rodríguez Lameiro
-Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo.Estudo 3 de Pablo Cayuela e Ramiro Ledo.
En Youtube seleccionamos:
-El Peregrino 1963 documental de TVE  
-Un viaje por Galicia (1929) 
 Noutras canles:
-As silenciadas de Pablo Ces Marco

Na Biblioteca do Museo Etnolóxico temos entre outros estes títulos que vos suxerimos nunha entrada do blogue da Biblioteca: Cinema documental

Todos os 27 de outubro celébrase o Día Mundial do PatrimonioAudiovisual, da importancia de conservar este patrimonio e tamén na internet saben moito en Internet Archive: sitio web e organización sin ánimo de lucro destinada a conservar páxinas web e recursos multimedia de todo o mundo que pasaron ao dominio público, porque xa transcorreu o período de vixencia dos dereitos tras a morte do autor, ou que teñen unha licenza flexible que permite a súa distribución sen ánimo de lucro, como é o caso das Creative Commons. Buscando por Ourense pódense ver por exemplo vídeos das Asambleas que sefixeron en 2011 polo movemento 15M 
exemplo da situación das salas de cinema en Ourense