troteiros de Bande. Autor Seadur. En CERES |
Caro Baroja no seu traballo “El Carnaval” inclúe ás máscaras
ourensáns dentro da categoría de máscaras
fustigadoras pois di "son los encargados de
golpear y expulsar únicamente”.
Ainda hoxe as investigacións non se poñen de acordo na orixe
destas máscaras, mais, como indica Federico Cocho “o encanto destas máscaras
descansa, en boa medida, na súa misteriosa orixe. Sexa prehistórica, romana,
medieval ou do século pasado”. Bouza
Brey defendía que as “mazcaras” tiñan a súa orixe en cerimonias máxicas
prehistóricas comparándoas coas que levan nas danzas totémicas as tribus indíxenas americanas,
africanas ou de Australasia. Caro Baroja falaba dunha
orixe romana das festas Lupercais. Enrique Bande relaciónaas co carácter
profano que acompañaba ás festas do Corpus, que debido as proibicións por parte
da igrexa, a xente derivou cara esta festa totalmente pagana e González Reboredo
explica a orixes destas máscaras tamén desde o cristianismo, contrapondo a parte carnal á
parte espiritual.
Eladio Rodríguez González no “Diccionario enciclopédico gallego-castellano”, Galaxia, 1958-1961, fala de botargos,
cigarrós, charrúas, choqueiros, murrieiros, peliqueiros.
Bouza Brey no artigo publicado en Galicia Emigrante:
cigarróns, felos, murrieiros, choqueirso, charrúas, irrios, guirrios,
troterios, borralleiros, foleiros, zamarucos, boteiros, jarelos, maruxas,
safurdán…
O fotógrafo Fernando Seadur García Fernández “Seadur”
actualmente é un dos importantes retratadores dos distintos Entroidos, no
Arquivo Fotográfico do Museo pódense consultar algún destes documentos grazas a
doazón feita polo propio autor, no flickr de Seadur AQUÍ
podedes ver fotos do Entroido tamén deste ano 2012.
No catálogo de fondos do Museo en CERES introducindo a palabra ENTROIDO, podedes ver documentos fotográficos de varios Entroidos.
Nestes días se percorremos a provincia de Ourense podemos
encontrar entre outras estas máscaras, nos enlaces podedes ver fotografías e vídeos que
aparecen en internet: (dos peliqueiros, cigarróns e pantallas xa non é preciso)
-Peliqueiro de Laza
-Cigarrón de Verín
-Pantalla de Xinzo de Limia
-Troiteiro de Bande
cubre a cara cun pano bordado, sombreiro
adobiado con pequenos espellos e as postais que enviaban os emigrantes
ou os soldados. Bouza Brey fai a descrición máis antiga desta máscara.
-Felo de Maceda, Maside, Boborás
http://www.galeon.com/sloren/carnaval_ourense/pro15.htm#BOBOR%C3%81S:
http://www.flickr.com/photos/seadur/6851476119/in/photostream
https://www.flickr.com/photos/seadur/5546265309
http://www.flickr.com/photos/seadur/6851476119/in/photostream
https://www.flickr.com/photos/seadur/5546265309
-Vergalleiro de Sarreaus
-Boteiro de Vilariño de Conso, A Gudiña
-Vellarón de Castrelo de Cima (Riós) http://www.flickr.com/photos/xindilo/4359817491/
. Vellarois ou vellaróns na frontera portuguesa
-A Pita de Eiroás
-O Zarramanculleiro ou Zarramonculleiro de Cualedro http://www.youtube.com/watch?v=w7YlJqsXfXE
Deixamos algunha bibliografía por se queredes afondar no misterioso tema das máscaras do Entroido, todos os documentos pódense consultar na Biblioteca do Museo.
-Bouza Brey: “Las viejas máscaras de Galicia”. Vida gallega nº
671, 1955
-Bouza Brey: “Máscaras arcaicas”. Galicia emigrante, año 2, nº
8 (1955) pp. 4-6 e p. 16
-Caro Baroja: “Máscaras fustigadoras: máscaras
gallegas”. En: El Carnaval : (análisis
histórico-cultural) . Alianza, 2006, pp.
408-411
-Dasairas Valsa, Xerardo: “Entroidos y máscaras del sureste
orensano”. Narria, nº 79-80, 1997
-Cocho, Federico: “O carnaval en Galicia”. Xerais, 3ª ed.
2008
Sem comentários:
Enviar um comentário