|
depósito Biblioteca Museo Etnolóxico |
Nestes tempos de crise capitalista é preciso buscar fórmulas para que as institucións públicas poidan seguir realizando a súa labor que non é outra que servir ás cidadás e cidadáns, pois continúan a pagar impostos. É certo que hai pouco orzamento para cultura e menos para os museos e menos ainda para as bibliotecas de museos. A nosa fórmula e a doutras bibliotecas de museos de todo o Estado Español, para superar esta crise, é a cooperación e a colaboración, que sempre enriquece, facémolo sobre todo a través do
Proxecto Musas_bibliotecas de museos podedes ver en que consiste
AQUÍ , que nos permite establecer unha rede de comunicación entre profesionales para o intercambio de publicacións así como compartir duplicados que temos acumulados nas nosas bibliotecas e que sen embargo outra biblioteca precisa, por otra banda chamamos á porta de institucións públicas e privadas que editan publicacións para que fagan doazóns, e outra fórmula moi utlizada nos últimos anos é a do préstamo interbibliotecario é dicer servirnos por un tempo de publicacións que compraron noutros centros e que sabemos que teñen consultando o Catálogo de Acceso Público (OPAC) como o das Bibliotecas Públicas do Estado no que tamén se encontran moitas bibliotecas de museos de todo o Estado
AQUÍ, isto permite darlle servizo á persoa que precise o documento sen ter que compralo.
No caso da Biblioteca do Museo Etnolóxico, neste ano, establecemos intercambio con novos centros que a cambio das
publicacións editatas polo museo enviaron as súas publicacións:
Museo Etnográfico de Castilla y León,
Museu Valencià d'Etnologia,
Museu d'Etnologia de Barcelona.
Por otra banda a
Biblioteca Pública de Ourense fíxonos unha doazón importante de libros editados pola
Fundación Barrié , sen esquecer as doazóns que puntualmente fan: Deputación de Ourense, Deputación de Pontevedra e Deputación de Lugo e particulares como Xosé Ramón Estévez e o profesor de Comunicación Audiovisual da Universidad Complutense de Madrid: Emilio C. García Fenández.
Este ano unha parte importante do tempo adicado á xestión nas bibliotecas de museos consistiu en buscar fondos para que a biblioteca poida seguir medrando e non fique obsoleta, sempre co obxectivo de servir a usuarias e usuarios.
Unha crise de orzamentos lévanos a unha expansión de novas relacións e formas de traballar.
3 comentários:
Es lamentable el estado de nuestros presupuestos que están bajo cero. Es momento de unirnos más que nunca y cooperar. Durante una buena temporada vamos a sobrevivir de intercambios y duplicados, deberíamos incidir también el préstamo interbibliotecario. El lunes sale para Ribadavia el catálogo del Museu Valencià d'Etnologia y dentro de poco más publicaciones.
Saludos compañera!
Malos tiempos para nuestros presupuestos bajo cero. Es momento de exprimir la imaginación y las relaciones entre instituciones, la clave es la cooperación. Durante mucho tiempo nos vamos a nutrir de intercambios y duplicados, deberíamos incidir también en el préstamo bibliotecario. Desde Valencia el lunes saldrá hacia Ribadavia el nuevo catálogo del Museu Valencià d'Etnologia y en poco tiempo alguna novedad más...
Saludos compañera!
Algunha xente emprega as pedras coas que tropezan como chanzos para seguir subindo... nas bibliotecas dos museos hai xente especial...a biblioteca do etnolóxico é un exemplo.
Enviar um comentário