

Na comunicación falaremos das bibliotecas especializadas na lexislación bibliotecaria de Galicia, presentaremos unha situación das bibliotecas de museos en Galicia, e xa pasaremos a falar das bibliotecas de museos na Rede de Bibliotecas de Galicia por un lado as incluidas no Proxecto Meiga e por outro lado as que comparten o catálogo colectivo de AbsysNet cunha última reflexión sobre os inconvintes e as ventaxas para as bibliotecas de museos de participar nunha rede de bibliotecas públicas.
Tamén o día 30 de novembro Emilio Ruiz, da Biblioteca do Museo Etnográfico de Castilla y León , participa na mesa sobre web social e redes sociais presentando o Proxecto colaborativo Musas_Bibliotecas de Museos, proxecto no que tamén participa a Biblioteca do Museo Etnolóxico.Os resumos de todas as intervencións pódense ler AQUÍ.
As actas das I Jornadas de Bibliotecas de Museos xa están en formato dixital picando neste enlace AQUÍ
1 comentário:
uClariño que vas ter moito público
Enviar um comentário