sexta-feira, 29 de julho de 2011

Novidades xullo 2011

Os foxos do lobo: a caza do lobo na cultura popular / David Pérez López. Canela, 2010
O libro editado en galego e castelán é o resultado dun  traballo de investigación levado a cabo sobre o terreo polo arqueólogo David Pérez López no cuadrante noroeste peninsular,  zona case exclusiva a nivel mundial e onde mellor se conservan os Foxos de lobo, nome común con que se coñecen en Galicia as trampas históricas construídas para cazar lobos. Descríbense os métodos de caza empregados tradicionalmente, apórtanse fichas coa catalogación técnica de numerosas destas construcións e o traballo de escavación científica, dirixida polo propio autor, sobre un foxo, a varios apartados adicados a bioloxía, a cultura popular...


O traballo estuda a situación dos labregos e da Galicia rural durante a dictadura franquista. Asuntos que deixaron fondas pegadas no noso presente, como a destrución da sociedade civil rural e a desmobilización política dos campesiños, a construción polo franquismo dun consenso baseado na normalización dos comportamentos corruptos e clientelares, a Revolución Verde son tratados en profundidade a partir do sindicalismo vertical franquista como fío condutor.


Domingos de calcetíns brancos:retrato do cambio social na xeración de 1950 / Manuel Pérez Rúa. Galaxia, 2010

A través das voces de trinta e un membros da xeración de 1950 -enmarcadas en datos sociolóxicos para comprender a magnitude e o contexto das transformacións- este ensaio analiza o cambio social que supuxo a mudanza dunha cultura autoritaria, centralista, relixiosa e paternalista a outra democrática e autonómica. A vivencia do paso da produción ao consumo, da pobreza á clase media, do sentido do deber á cultura do inmediato, do galego ao castelán e do crucifixo ao agnosticismo.




Algo máis que un café: o Derby de Vigo 1921-1968 / Albino Mallo. Galaxia, 2010
A historia do Café Bar Derby de Vigo é a dos milleiros de persoas que pasaron por ese local durante os case cincuenta anos en que permaneceu aberto.
Punto de encontro de artistas e escritores, o café é o centro de destas memorias escritas polo xornalista Albino Mallo, fillo do propietario. A historia da cidade de Vigo, e con ela a de Galicia, entra e sae do Derby xunto con persoeiros como os irmáns Álvarez Blázquez, Francisco Fernández del Riego, Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, os escritores Valle-Inclán, Cunqueiro e Castroviejo e os pintores Maside, Laxeiro, Colmeiro e Urbano Lugrís.



O lecer dasaugas: historia dos balnearios de Galicia 1700-1936 / Luís Alonso, Elvira Lindoso, Margarita Vilar. Galaxia, 2011
Preséntase a historia dos balnearios máis importantes de Galicia nos séculos pasados: A Toxa, Os Baños do Marquesito en Arteixo,  As augas do lume en Cuntis, as augas de Dávila e Acuña, o balneario familiar en Caldelas de Tui, O Carballiño e Portovia, a Vila de Carballo, Cortegada, Guitiriz, as Termas de Lugo, Baños de Molgas,  a Belle epoque de Mondariz, as augas louras do Incio, e as augas de Verin.




Antropología del género / Beatriz Moncó . Síntesis, 2011

 Este libro pon a disposición dos lectores as diversas teorías e problemáticas que constitúen o núcleo da antropoloxía do xénero e ­ achégalles a algúns aspectos que hoxe en día son relevantes, non só dende unha visión academicista das relacións e identidades de xénero, senón dende a cotianidade das súas vidas.


Todas as publicacións da Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia pódensen consultar no catálogo da rede de bibliotecas de Galicia AQUI 

Sem comentários: