Para estes días de agosto recomendamos catro documentais dirixidos por galegos sobre historia e etnografía de Galicia.
Documental sobre o proceso de elaboración da cal , co sistema tradicional denominado caleira, dende que se recolle a pedra ata que se queima, obtendo así a cal viva.
O vídeo íntegro AQUÍ
Primeiro premio na III Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe “Espiello” (Huesca 2005) Ao comezo da Segunda Guerra Mundial un mineral fíxose necesario para o Estado alemán: o volframio. Galicia converteuse no El Dorado para moitas persoas, esta é a súa historia contada polos propios protagonistas.
Aillados documental de Antonio Caeiro (duración 59’), 2004.
Cal viva, calmorta... a derradeira festa un documental de Duarte Fernández e Mariano Casas (duración 50’), 2008.
O vídeo íntegro AQUÍ
A memoria nos tempos do volfram un documental de Antonio Caeiro (duración 55’), 2004.
Aillados documental de Antonio Caeiro (duración 59’), 2004.
A historia do campo de concentración da Illa de San Simón (Ría de Pontevedra) durante os anos da Guerra Civil española, contada polos seus protagonistas.
Oito minutos do documental AQUÍ.
Pódese completar co libro escrito por Antonio Caeiro, Juan A. González e Clara Mª de Saá: Aillados: a memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón, editado en 1995 por Ir Indo.
Carrilanos: os túneles dun tempo unha película documental de Rafael Cid (duración 58’).
Da man dos seus protagonistas aínda vivos reconstrúese a historia da construción do ferrocarril Puebla de Sanabria-Ourense durante case medio século, unha obra que aparentaba interminable, cunha odisea técnica e humana de por medio da que eles non eran conscientes e os demais descoñeciamos.
Ademáis pódese completar co libro editado en 2005 por Xerais: Carrilanos: os túneles dun tempo de Rafael Cid.
Estes documentais pódense pedir en préstamo intrabibliotecario en calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia, pódese consultar o catálogo AQUÍ .
Estes documentais pódense pedir en préstamo intrabibliotecario en calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia, pódese consultar o catálogo AQUÍ .
Sem comentários:
Enviar um comentário