sexta-feira, 15 de julho de 2011

Abrente: orixe da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia_MIT

Hoxe 15 de xullo da comezo a edición 27 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, até o día 23 de xullo, en Ribadavia, capital do teatro galego, poderase desfrutar da maxia e da sabiduría do teatro, convivindo durante 10 días con actores, actrices, técnicos, voluntarios, Ribadavia cheira a teatro. Programa da MIT AQUÏ.

A orixe desta Mostra Internacional de Teatro, que en 2009, celebrou o seu 25 aniversario, está nun grupo de mozas e mozos ribadavienses, que alá polos anos 70 do século XX dan vida á Agrupación Cultural Abrente, que entre outras actividades poñen en funcionamento a Mostra de Teatro en Galego e o Concurso de Textos Teatrais, e que a partir da 5ª en 1977,en un acto reivindicativo en defensa do teatro galego e da língua galega, mudáronlle o nome, como se ve na imaxe do cartaz, e que se mantivo
    até 1980. Podedes ler a reivindicación no limiar do programa da 5º Mostra AQUÍ. Conservar e poñer en valor o legado da Asociación Cultural Abrente, é tamén do Teatro Galego.  
Todo o fondo documental e bibliográfico da Asociación  e polo tanto das mostras e dos concursos está custodiado, inventariado e conservado no Museo Etnolóxico. Ribadavia (grazas a labor previa de conservación das súas socias e socios), para quen teña interese no seu estudo esté é o Inventario Topográfico da Agrupación Cultural Abrente
Un completo estudo de investigación sobre as mostras e os concurso de Abrente foi feito por Inma López Silva e Dolores Vilavedra no libro: Un abrente teatral:  as Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia, editado por Galaxia en 2002, cos documentos depositodas no Museo Etnolóxico, por Abrente.

No Museo Etnolóxico. Ribadavia tamén se conservan os cartaces e programas de todas as Mostras Internacionais de teatro.

Para saber máis sobre a MIT e as súas 27 edicións:
-25 anos Mostra Internacional de Teatro, edición coordinada por Roberto Pascual e publicado por Difusora da Letras, Artes e Ideas en 2009
-A Startford de riba do Avia: 25 anos de Mostra Internacional de Teatro de Roberto Pascual. En: Madrygal. Revista de estudios gallegos, nº 12 (2009), pp. 165-171 . En liña http://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/MADR0909110165A/32928 [consulta 15-07-2011].

Para saber sobre o teatro galego:
-Un país desde as táboas: 125 anos de teatro galego [catálogo da exposición]  organizada pola Consellería de Cultura e Deporte e comisariada por Carlos C. Biscainho Fernandes.
-Catálogo de dramaturgos galegos 1973-2004: de abrente ata hoxe dirixido po Mar Nogueira e editado pola Xunta de Galicia en 2005.

Sem comentários: