Por quinto ano
consecutivo a Biblioteca do Museo Etnolóxico participa na liberación conxunta
de libros xunto a 59 bibliotecas de museos e centros de arte de toda España,
para celebrar o Día Internacional do Libro (23 de abril).
Este ano 2017 a liberación será o venres 21 de abril a primeira hora da mañá
por calquera lugar público da Comarca do Ribeiro e na cidade de Ourense e
alrededores, deixaranse libres dez libros de temática variada: contos infantís,
o novo catálogo do Museo sobre tonelería, unha guía de museos de Galicia, unha
novela sobre as Touza, un libro sobre vitivinicultura, un catálogo dunha
exposición de fotografía... e máis.
Pódense consultar todos os títulos, os lugares e as horas de liberación na páxina de bookcrossing do Museo Etnolóxico AQUÍ.
Os libros conterán as instrucións necesarias para facilitar a quen encontre o libro a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina da internet de Bookcrossing.
Cada
ano por estas datas propomos o mesmo xogo:
O
XOGO DO BOOKCROSSING:
Ti que encontraches este libro libre nun
sitio público, goza con el todo o que queiras, despois volve deixalo libre
noutro sitio público para que máis xente poida gozar con el.
QUE SIGA O XOGO!!
Un libro liberado non quere aburrirse no
estante dunha casa, quere ter vida.
Na nosa comunidade únense tamén a esta inicitativa xunto coa Biblioteca do Museo Etnolóxico as Bibliotecas do Museo das Peregrinacións e de Santiago, do CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea e do Museo de Belas Artes da Coruña, todos eles dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como as Bibliotecas o Museo da Marioneta de Lalín, do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo e da Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela.
Vídeo
promocional do acto editado pola Biblioteca e Centro de Documentación do ARTIUM de Vitoria
para difundir a actividadede bookcrossing para este ano 2017, esta Biblioteca
foi iniciativa súa hai xa nove anos.
Sem comentários:
Enviar um comentário