As bibliotecas, centros de documentación, arquivos e museos, como centros de conservación e difusión do patrimonio e do coñecemento, nos últimos anos veñen traballando en proxectos de dixitalización co obxectivo de conservar e preservar o patrimonio, mais tamén para difundilo e permitir que calquera poida acceder aos documentos con facilidade. Estes recursos dixitalizados pódense encontrar na internet nas bibliotecas dixitais, virtuais, nos repositorios, nas mediatecas.
Na literatura profesional existen moitas definicións de Biblioteca Dixital, imos dar aquí a de José Antonio Merlo Vega: "Colección de documentos electrónicos convenientemente organizada e disposta para o seu uso", o importante non é só que os documentos estén dixitalizados, senón que estén organizados para facilitar o seu acceso, por iso é unha Biblioteca dixital ou virtual mais Biblioteca.
Neste artigo faremos un resumo daquelas BIBLIOTECAS DIXITAIS onde podemos consultar e descargar documentos relativos a Galicia:
-Galiciana: Biblioteca Dixital de Galicia está xestionada desde a Biblioteca de Galicia, ademáis da dixitalización de fondos encárgase da normalización. En Galiciana pódense encontrar: mapas como un mapa de ferrocarriles de Galicia e Asturias do S. XIX, xornais e revistas antigas como: Vida Gallega , manuscritos como os de Martin Sarmiento do S. XVII, libros e escritos de Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Intégrase en proxectos máis amplos como Hispana, Biblioteca Dixital Española onde se poden consultar as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españoles e Europeana, Biblioteca Dixtial Europea.
-Biblioteca e hemeroteca virtual da Real Academia Galega: pódense consultar obras como "Queixumes do pinos" de Eduardo Pondal, "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro entre outros autores como Filomena Dato, Marcial Valladares, Antonio López Ferreiro ..., destacamos especialmente a hemeroteca virutal onde ademáis de revistas editadas en Galicia: El Centinela de Galicia , A Fuliada, Galicia industrial y comercial teñen especial importancia as editadas en America polas colectividades galegas.
-Biblioteca Digital Hispánica (BDH) da Biblioteca Nacional Española (BNE) con acceso libre e gratuito a miles de documentos dixitalizados: debuxos, fotografías, gravados, ephemera, partituras, libros, cartaces, recursos sonoros, e prensa e revistas na Hemeroteca Dixital da BNE, buscade por Galicia e xa veredes todo o que podedes encontrar.
-Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico: proxecto de colaboración entre Estado e as Comunidades Autónomas, permite a consulta de libros antigos e manuscritos que forman parte do Patrimonio Histórico Español, que senon estiveran dixitalizados sería imposible a súa consulta.
-PARES. Portal de Arquivos Españois: permite o acceso a documentos dixitalizados polos Arquivos Españois, como documentos de distintos mosteiros galegos, do Consello da Inquisición, codices, cartularios.
-Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: plataforma dixital de acceso libre a textos, imaxes, vídeos, audios sobre as letras e a literatura hispanoamericana, onde hai un subportal sobre as Letras Galegas que facilita "aos usuarios da rede obras dixitalizadas da literatura galega de todos os tempos, dende as primeiras manifestacións medievais (séculos XIIIXV) até a actualidade". Destacamos revistas editadas en América por xente galegas emigradas, moitas edicións facsimilares do Centro Ramón Piñeiro como: A gaita gallega editada en Cuba, Alma Gallega en Montevideo, etc.
-Colección Digital Complutense: artigos científicos, libros, gravados, teses de doutoramento lidas na Universidade Complutense poden consultarse e descargarse en acceso aberto.
Tamén queremos facer un pequena síntese de distintos REPOSITIORIOS universitarios e institucionais onde se almacenan e difunden en acceso aberto os traballos das persoas que investigan nesa universidade ou institución, é unha maneira de difundir o coñecemento científico a toda a poboación:
-Digital CSIC. Repositorio institucional do CSIC relativo a Galicia destacamos os documentos do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
-Repositorio Institucional da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
-Repositorio da Universidade de A Coruña RUC neste repositorio podemos encontrar cartaces das Mostras de Teatro de Ribdavia, pertencentes a colección de Francisco Pillado Mayor.
-Repositorio da Universidade de Vigo Investigo pódese consultar a produción científica: artigos, partes de libros, conferencias, teses... do persoal investigador desta universidade.
-Recolecta. Recolector de Ciencia Abierta agrupa a todos os repositorios dixitais científicos de acceso aberto de España, nos que están incluidos tamén as Universidades Galegas.
-DIALNET é un portal de contidos bibliográficos no que colaboran 77 bibliotecas, de Galicia a Biblioteca da Universidade de A Courña, elaborando bibliografías e vaciando artigos de revistas, congresos, etc., ademáis de ser unha hemeroteca virtual na que se poden consultar a texto completo e descargar moitos artigos, teses de doutoramanento a texto completo incluidas as lidas nas Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña.
Outras MEDIATECAS ou sitios onde se poden consultar e descargar documentos de balde sobre Galicia:
-Centro Ramón Piñeiro ten un catálogo moi interesante de monografías e revistas relacionadas coa cultura galega de acceso e descarga libre, destacamos as edicións facsimilares de revistas publicadas polas Asociacións de Emigrantes Galegos en América.
-Mediateca do Consello da Cultura Galega
permite a consulta e descarga da publicacións editadas por esta institucións: catálogos de exposicións, congresos, monografías, informes sobre a cultura galega, etc., ademáis de vídeos sobre as conferencias e congresos organizados no Consello da Cultura.
-Galegobook a biblioteca en liña sobre a lingua: "é un espazo onde poder publicar e compartir libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego", este é un proxecto individual que agradece a colaboracíón de toda a xente para facer un difusión colectiva da língua galega.
-Arquivo de Alan Lomax este etnomusicólogo estadounidense nas súas viaxes polo mundo fixo unha das máis importantes recopilacións de cancións e música populares, que agora se poden escoitar na rede, tamén programas de radio, fotografías, vídeos das súas investigacións. É moi interesante a recopilación de música popular galega.
-Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) portal de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial galego.
Na literatura profesional existen moitas definicións de Biblioteca Dixital, imos dar aquí a de José Antonio Merlo Vega: "Colección de documentos electrónicos convenientemente organizada e disposta para o seu uso", o importante non é só que os documentos estén dixitalizados, senón que estén organizados para facilitar o seu acceso, por iso é unha Biblioteca dixital ou virtual mais Biblioteca.
Neste artigo faremos un resumo daquelas BIBLIOTECAS DIXITAIS onde podemos consultar e descargar documentos relativos a Galicia:
Documento de Galiciana |
Documento Real Academia Galeega |
Documento BNE |
-Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico: proxecto de colaboración entre Estado e as Comunidades Autónomas, permite a consulta de libros antigos e manuscritos que forman parte do Patrimonio Histórico Español, que senon estiveran dixitalizados sería imposible a súa consulta.
-PARES. Portal de Arquivos Españois: permite o acceso a documentos dixitalizados polos Arquivos Españois, como documentos de distintos mosteiros galegos, do Consello da Inquisición, codices, cartularios.
-Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: plataforma dixital de acceso libre a textos, imaxes, vídeos, audios sobre as letras e a literatura hispanoamericana, onde hai un subportal sobre as Letras Galegas que facilita "aos usuarios da rede obras dixitalizadas da literatura galega de todos os tempos, dende as primeiras manifestacións medievais (séculos XIIIXV) até a actualidade". Destacamos revistas editadas en América por xente galegas emigradas, moitas edicións facsimilares do Centro Ramón Piñeiro como: A gaita gallega editada en Cuba, Alma Gallega en Montevideo, etc.
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes |
-Colección Digital Complutense: artigos científicos, libros, gravados, teses de doutoramento lidas na Universidade Complutense poden consultarse e descargarse en acceso aberto.
Tamén queremos facer un pequena síntese de distintos REPOSITIORIOS universitarios e institucionais onde se almacenan e difunden en acceso aberto os traballos das persoas que investigan nesa universidade ou institución, é unha maneira de difundir o coñecemento científico a toda a poboación:
-Digital CSIC. Repositorio institucional do CSIC relativo a Galicia destacamos os documentos do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
-Repositorio Institucional da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
-Repositorio da Universidade de A Coruña RUC neste repositorio podemos encontrar cartaces das Mostras de Teatro de Ribdavia, pertencentes a colección de Francisco Pillado Mayor.
-Repositorio da Universidade de Vigo Investigo pódese consultar a produción científica: artigos, partes de libros, conferencias, teses... do persoal investigador desta universidade.
Documento Repositorio Univerisdade A Coruña |
-DIALNET é un portal de contidos bibliográficos no que colaboran 77 bibliotecas, de Galicia a Biblioteca da Universidade de A Courña, elaborando bibliografías e vaciando artigos de revistas, congresos, etc., ademáis de ser unha hemeroteca virtual na que se poden consultar a texto completo e descargar moitos artigos, teses de doutoramanento a texto completo incluidas as lidas nas Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña.
Outras MEDIATECAS ou sitios onde se poden consultar e descargar documentos de balde sobre Galicia:
-Centro Ramón Piñeiro ten un catálogo moi interesante de monografías e revistas relacionadas coa cultura galega de acceso e descarga libre, destacamos as edicións facsimilares de revistas publicadas polas Asociacións de Emigrantes Galegos en América.
-Mediateca do Consello da Cultura Galega
permite a consulta e descarga da publicacións editadas por esta institucións: catálogos de exposicións, congresos, monografías, informes sobre a cultura galega, etc., ademáis de vídeos sobre as conferencias e congresos organizados no Consello da Cultura.
-Galegobook a biblioteca en liña sobre a lingua: "é un espazo onde poder publicar e compartir libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego", este é un proxecto individual que agradece a colaboracíón de toda a xente para facer un difusión colectiva da língua galega.
-Arquivo de Alan Lomax este etnomusicólogo estadounidense nas súas viaxes polo mundo fixo unha das máis importantes recopilacións de cancións e música populares, que agora se poden escoitar na rede, tamén programas de radio, fotografías, vídeos das súas investigacións. É moi interesante a recopilación de música popular galega.
-Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) portal de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial galego.
Sem comentários:
Enviar um comentário