quinta-feira, 21 de junho de 2012

Revistas de moda

As revistas de moda son eses documentos necesarios como fondo bibliográfico, sobre todo en bibliotecas especializadas de museos, como é o caso da nosa biblioteca, mais así como necesarios en moitas ocasións son pouco valorados até que pasa o tempo e se convirten en documentos imprescindibles para documentar unha época, coñecer a historia do vestido que a súa vez nos axuda a coñecer a historia social e cultural dun momento concreto, así como entender o papel da muller na sociedade e a súa evolución.

As revistas de moda na maioría dos casos podemos consideralas como "ephemera": documentos impresos de corta duración, normalmente producidos para utilizar no momento pero non para conservar, e iso é o que se fai na maioría das veces coas revistas de moda, hoxe en día tamén, e de feito non son documentos que as bibliotecas, arquivos e museos conserven como práctica habitual entre os seus fondos, excepto institucións moi relacionadas co mundo do traxe, o vestido e a moda como a Biblioteca del Museo del Traje de Madrid.

As revistas de moda antigas do fondo bibliográfico do Museo Etnolóxico, como outras veces, conserváronse porque así o fixeron particulares que souberon valorar eses documentos: a familia de Manuel Meruéndano soubo conservar os números da revista: "La moda elegante ilustrada", e a familia de José Andrade Usatorre os números de: "Chabela" e "Rosalinda", que agora forman parte dos fondos do Museo.


A revista: "La moda elegante ilustrada" editouse entre 1849 a 1927, é unha das primeiras revistas de moda que apareceron en España (editada primeiro en Cádiz e despois en Madrid), unha vez que se popularizou a edición desta revistas a principios do século XIX (pois desde o século XVIII xa había revista de moda), é tamén unha das revista de moda que máis larga vida tivo, pois a mediados do século XIX e inclusive principios do século XX, as revistas de moda ademáis de ser de pequena tirada (eran poucas as familias que se podían permitir o luxo de comprar este tipo de revistas) duraban pouco no tempo. No Museo consérvanse números de principios do século XX, no Repositorio Dixital da Universidade de Granada pódense visualizar varios números do século XIX. Según aparece na cabeceira do número do 6 de xaneiro de 1905: "La moda elegante publica las últimas modas de París en excelentes grabados artísticos, figurines iluminados, considerable números de patronies trazados a tamaño natural, modelos para toda clase de labores y bordados, crónicas, novelas, etc, etc."




A importancia de emigración galega a Ámerica e nomeadamente a Buenos Aires, permitiu que chegaran até nós revistas de moda que alí se publicaban. Como é o caso de "Chabela" e "Rosalinda. Revista mensual ilustrada para la mujer y el hogar" as dúas editadas en Buenos Aires. O contido das dúas revistas de moda era moi similar: novelas e contos, modas de vestidos, zapatos, sombreiros , unha sección importante de labores, outra adiacada á cociña e tamén ao deporte, espectáculos, e con moita publicidade de artigos variados: desde roupa íntima, perfumes, mobles, produtos de beleza e para o baño..



Para máis información sobre revistas de moda:
-González Díaz, Laura e Pérez Cuadrado Pérez: "La moda elegante ilustrada y el Correo de las Damas, dos publicaciones especializadas en moda en el siglo XIX". [En liña]. Dispoñible en: http://www.humanidades.uspceu.es/pdf/ArticulodeInvestigacion3.pdf  [consulta 21/06/2012]
-Márquez, Miguel B.: "D. Abelardo de Carlos y "La ilustración española y americana". [En liña]. Dispoñible en: http://grupo.us.es/grehcco/ambitos13-14/11mbmarquez.pdf  [consulta 21/06/2012]
-Pena, Pablo: "Análisis semiológico de la revista de modas romántica". [En liña]. Dispoñible en: http://www.ucm.es/info/perioI/Period_I/EMP/Numer_07/7-5-Inve/7-5-12.htm  [consulta 21/06/2012]
-Indumenta. Revista del Museo del Traje.  [En liña]. Dispoñible en: http://museodeltraje.mcu.es/index.jsp?id=368&ruta=6,25 [consulta 21/06/2012]

Sem comentários: