mesa de traballo e sala de consulta |
A Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia ademáis das labores habituais de xestión dunha biblioteca especializada de museo:
-adquisición de fondos através de compra, intercambio ou doazón,
-catalogación de rexistros bibliográficos e exemplares no catálogo colectivo compartido de AbsysNet da Rede de Bibliotecas de Galicia,
-ubicación de fondos nas estanterías,
-atención a usuari@s intern@s e extern@s de forma presencial, através de consulta telefónica e vía internet,
desde o ano 2010 desde este blogue mantemos informados a tod@s @s usuari@s das actividades e novidades, aportando información sobre antropoloxía social e cultural, museoloxía, temas relacionados co fondo bibliográfico e coas actividades e exposicións do museo.
En maio de 2011 a bibliotecaria do Museo Etnolóxico, en representación da Dirección Xeral de Protección do Patrimonio, participou por un lado como organizadora, xunto con outras bibliotecas de museos do resto do estado español, e por otro lado como moderadora da mesa de debate, no Foro sectorial: “Las bibliotecas especializadas de museos: buenas prácticas para fomentar su visibilidad” dentro das XII Jornadas Españolas de Documentación, Málaga 25,26 e 27 de maio de 2011. Este foro tivo a súa orixe nas relacións establecidas entre profesionais na “Xornada de bibliotecas especializadas” que a Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia, organizou o 20 de outubro de 2010 e no que se concluira a necesidade urxente de facer visibles as bibliotecas de museos. Deste foro sectorial naceu o proxecto colaborativo MUSAS_Bibliotecas de Museos, no que a biblioteca do museo participa activamente en todas as redes sociais que este proxecto ten abertas: Facebook, lista de distribución, flickr, slideshare, issuu e no recentemente aberto blogue de MUSAS_bibliotecasdemuseos.
Esta rede de colaboracións entre as bibliotecas especializadas de museos levou a que a Asociación Andaluza de Bibliotecarios nos propuxera a edición dixital das actas da “Xornada de bibliotecas especializadas” celebradas en Ribadavia en outubro de 2010, así como as intervencións do foro sectorial, recopilados todos os artigos no número 101 do “Boletín da Asociación Andaluza de bibliotecarios” adicado a Bibliotecas Especializadas, que se pode consultar AQUÍ.
A biblioteca do Museo Etnolóxico, como un servizo importante dentro da institución, participou desde a súa creación no obradoiro “O Museo no cárcere” tamén na edición deste ano: “Sons cara a liberdade” tanto como soporte de documentación para o persoal técnico á hora de preparar o obradoiro, como participación activa no obradoiro no cárcere de Pereiro de Aguiar: facendo préstamo de material bibliográfico á biblioteca do cárcere, así como aportando fontes e recursos documentais ás persoas participantes no obradoiro, dándolle valor ao uso didáctico de internet como fonte de información.
En novembro de 2011 a bibliotecaria do museo foi convidada ás “I Jornadas de bibliotecas de museos: nuevos medios y nuevos públicos” celebradas no Museo del Traje en Madrid e organizadas pola Subdirección General de Museos Estatales. Área de colecciones do Ministerio de Cultura, para presentar unha comunicación: “Las bibliotecas de museos en la “Rede de bibliotecas de Galicia”, ademáis da presentación da comunicación publicaranse en forma de artigo, primeiro en liña e despois en papel todas as intervencións en dita xornada.
Sem comentários:
Enviar um comentário