No catálogo da exposición: “Falsas apariencias: miradas fragmentadas sobre a infancia”, 2011 do Centro Torrente Ballester de Ferrol, Virginia de la Cruz Lichet no seu interesante artigo: “Estrañas apariencias…” onde fai unha análise antropolóxica das fotografías post mortem da infancia en Galicia a finais do século XIX e principios do XX , utiliza unha fotografía dun neno defunto do Fondo Fotográfico do Museo Etnolóxico. Ribadavia (MER), xunto con outras de Ramón Caamaño e Máximo Reboredo. Índice do catálogo.
Rafael Ángel Salgado Sánchez na recopilación de fotografías sobre a cidade de Ourense publicado en 2011 pola Deputación Provincial de Ourense: “Achegamento á historia da fotografía en Ourense 1856-1940” aparecen varias fotografías do Fondo Fotográfico do MER, destaca a da capa do libro: Estudio Pacheco fotografía atribuida a Pedro Ferrer circa 1903. Neste libro podemos visualizar a través de fotografías distintos aspectos da vida social da cidade de Ourense de finais do XIX até mediados do XX, asi como coñecer aos distintos fotógrafos que plasmaron esta realidade a través das súas cámaras. A exposición pódese ver no Museo Municipal de Ourense e no blog Ourense no Tempo.
“Ribeiros do Avia: vida, cultura, vino” [DVD]documental de José Luis Cuerda, producido en 2010 por Hecho a mano producciones, con unha duración de 70 min. en cor, fai un percorrido a través de imaxes actuais, de fotografías antigas e de documentos sobre a paisaxe, a historia, a economía e o hábitat do Ribeiro do Avia, unha das subzonas da comarca vitivinícola do Ribeiro, algunhas das fotografías e documentos que se poden visualizar no documental forman parte dos fondos do MER.
No Verbum – Casa das Palabras de Vigo até o 6 de febreiro de 2011 estivo a exposción: A Arte de facer libros, na que se puideron ver pezas dun taller de encadernación que forma parte dos fondos do MER. O catálogo da exposición é un CD-ROM interactivo editado por Nigra Trea, onde se fai un percorrido por: a paixón polos libros de bibliófilos e coleccionistas, os tipos de edición, partes e procesos do libro e o relato da edición de “Demonios y ángeles” de Álvaro Cunqueiro e Javier del Río.
Manuel Sendón e X. L. Suárez Canal, directores do catálogo da exposción “Pano de fondo”, coeditado en 2010 por Caixanova e o Centro de Estudos Fotográficos , utlizan tanto para o estudo : “Pano de fondo: achegamento á fotografía de estudio 1880-1960”, que aparece no inicio do catálogo, como despois no catálogo e na exposción, reproducións de fotografías pertencentes ao Fondo Fotográfico do MER sobre todo do estudo Foto Chao de Ribadavia.
Todos estes documentos pódense consultar no Catálogo da Biblioteca do Museo.
Sem comentários:
Enviar um comentário