-Aceñas del Duero: Tordesillas, Toro y Zamora / Jesús San José Alonso e Juan José Fernández Martín
-Mulheres corticeiras / Stefania Mattarello
A exposición pretende dar a coñecer as aceas de Tordesillas en Valladolid, Toro e Zamora na provincia de Zamora, así como explicar o seu funcionamento e sensibilizar para pór en valor e manter unhas edificacións, que hoxe en día perderon o uso que tiveron.
Os obxectivos da Conferencia Internacional da Tradición Oral no Proxecto Oralities son reflexionar sobre a produción da oralidade, a súa importancia como ferramenta de diálogo intercultural e de construción do patrimonio e, tamén, como unha realidade social que é preciso pór en valor a través da súa visibilización. Trátase, polo tanto, de crear un espazo no que especialistas, técnicos e estudantes poidan debater sobre as temáticas propostas.
-La industria del gas en Galicia: del alumbrado por gas al siglo XXI, 1850-2005 / Alberte Martínez López, Jesús Mirás Araujo, Elvira Lindoso TatoA historia do gas en Galicia iniciouse nun afastado 1853 cando o emprendedor francés, Louis Laty, conseguiu que o Concello da Coruña lle outorgase o contrato de iluminación por gas da cidade.
Desta forma, empezaba o primeiro servicio público, que indubidablemente esixía un investimento pesado e cuantiosos capitais, para producir unha mellora urbana de importante calado sociolóxico.
-Médicos ourensanos represaliados en al guerra civil y en la posguerra: historias de la “longa noite de pedra” / David Simón Lorda
Desde unha historia local se reconstúe a represión política (cárcere, exilio, desterro, inhabilitación) levada a cabo entre médicos da provincia de Ourense, durante o período da Guerra Civil e inmediata posguerra. Exponse biografías de médicos represaliados, material fotográfico inédito e documentación da época, analízanse algunhas institucións sanitarias como o Hospital Provincial o Colexio de Médics e unha revisión bibliográfica.
A metodoloxía exposta neste manual garante que todos os formatos e todas as orientacións de traballo estean previstos no Arquivo de Patrimonio Etnológico deCatalunya. O IPEC foi o responsable, desde a súa creación de dinamizar en Cataluña a procura sobre patrimonio etnológico coa promoción de proxectos de procura representativos dunha gran variedade temática e territorial, significativos da diversidade cultural e da Cataluña contemporánea e histórica.-Mulheres corticeiras / Stefania Mattarello
Proxecto de investigación focado no recoñecimento identitario das mulleres no ámbito do sector corticeiro. Presenta experiencias destas mulleres na súa vida académica, laboral e persoal, recoñecendo unha dedicación e un carisma tipicamente feminino nun territorio que durante moito tempo foi, e ainda hoxe é, sobre todo masculino. O libro consta de 17 entrevistas a mulleres representativas neste sector, moi diferentes entre elas obtendo así un resultado final máis completo e enriquecedor.
-Ourense e o cinema / Valentín Barreiros Bermejo
A obra fai un percorrido pola historia da sétima arte na cidade de Ourense, realizando referencias aos distintos cinemas que acolleu, a figuras destacadas como Carlos Velo ou Antonio Román e ao importante papel que xogaron os cine clubs ou o Festival de Cinema Independente de Ourense.
Sem comentários:
Enviar um comentário