liberación en 2013 na cidade de Ourense |
Este ano a Biblioteca do Museo Etnolóxico liberará 11 libros procedentes de publicacións editatas polo propio museo, así como de doazóns e duplicados, de temas variados: fotografía, etnografía, catálogos de exposicións, literatura infantil, novela …
símbolo internacional do bookcrossing |
Neste vídeo de presentación da campaña podedes ver todas as bibliotecas de museos do estado español que participan este ano. En Galicia participan nesta actividade tamén as Bibliotecas do Museo das Peregrinacións e de Santiago, do Museo de Belas Artes de A Coruña, do Museo da Marioneta en Lalín, do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Compostela, da Fundación Granell tamén en Compostela e do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo.
Para ver como foron as edicións de 2012 e 2013 de liberación de libros (=bookcrossing) do Museo Etnolóxico picade AQUÍ.
As fotos da edición de 2014 da liberación de libros polo rural da comarca de O Ribeiro pódense ver AQUÍ.
zona oficial bookcrossing no Museo Etnolóxico |
Todos os libros tanto os liberados no exterior do Museo como os da zona oficial son cazados pola xente que se atopa con eles, mais desa xente moi pouca se rexistra na páxina de bookcrossing para ir deixando o percorrido dos libros, Porén hai persoas que si o fan e nos din onde volven a liberar estes libros, temos libros circulando por Valladolid, Melgaço, Lugo, Madrid, Vigo, Porriño.
Sem comentários:
Enviar um comentário