Xestión da colección bibliográfica:
OUTRAS ACTIVIDADES:
-Monografías rexistradas durante 2013: 224
títulos, a asignación dunha partida de orzamento para compra de material
bibliográfico, por parte da Xunta de Galicia (institución da que depende a xestión económica do Museo Etnolóxico) permitiu incrementar a colección con novidades bibliográficasforon adquiridos: 98 títulos de monografías, cuxas portadas publicamos no taboleiro de Pinterest do Museo Etnolóxico, o resto dos títulos rexistrados son
de intercambios e doazóns de particulares e institucións. Destacamos as doazóns de Xosé Ramón Estévez, Fernando Mori, Mari Trini Domínguez Rodríguez e a de Raquel Álvarez Guntín, que a través da súa irmá Lidia Álvarez Guntín, fixo unha interesante doazón de libros escolares en moi bo estado e sen utilizar das décadas dos 50-60 do S. XX do Bazar Che de Ribadavia, pois neste bazar, entre outros obxectos, vendían libros de textos e material escolar.
libros escolares do Bazar Che de Ribadavia |
-Catalogáronse no catálogo colectivo da Rede Bibliotecas de Galicia, por parte da Biblioteca do Museo 303 exemplares,
tendo en conta que tamén se fai catalogación retrospectiva de documentos xa
existentes, e non só dos que ingresan.
-Publicacións periódicas activas durante 2013:
116 títulos (debido a restrición de orzamento mantense o mesmo número de
títulos en curso que no ano 2012), estes 116 títulos activos con varios números
ao ano, que foron xestionados para facilitar o acceso ao documenton,
-Baleirado de publicacións periódicas e obras
colectivas: 200 exemplares, no Pinterest do Museo imos introducindo os sumarios dos novos números das revistas que van ingresando por meses.
-Xestión de 30 intercambios de publicacións con diversas institucións, con recepción e envío de publicacións.
-Xestión de 30 intercambios de publicacións con diversas institucións, con recepción e envío de publicacións.
Difusión selectiva da información:
-Das novidades, tanto das monografías como dos
novos números das revistas, se informa puntualmente tanto a usuarios/as
internos/as e externos/as a través de correo electrónico, e a través das redes
sociais, para a difusión de novidades utilizamos Pinterest, neste 2013 incluimos 134 elementos
referentes a índices e sumarios de revistas e 65 portadas de monografías que
ingresaron como novidades con referencias ao índice da obra.
-Continuamos difundindo a actividade e os
fondos da biblioteca a través deste blogue, cunha actualización máis ou
menos periódica, en 2013 a actividade foi menor nos artigos ou entradas, introducimos 7 entradas de temas variados, porque lle adicamos máis tempo a
páxina da II Xornada sobre Bibliotecas Especializadas celebrada este ano, onde
aparece toda a información.
participantes na II Xornada sobre Bibliotecas Especializadas |
-Toda a actividade xerada na II Xornada sobre
Bibliotecas Especializadas foi difundida polas distintas redes sociais, con
acceso directo aos documentos producidos: presentacións en power point dasconferencias, audios das conferencias e mesas de debate, audiovisual resumo,
fotografías, storify resumo dos comentarios da xornada nas redes sociais, todos os
enlaces na páxina da xornada no blogue da biblioteca. A xornada decorreu o 5 de xuño de 2013 co título: “Conservación e
difusión dos recursos documentais en bibliotecas especializadas” con 63
participantes inscritos e 8 conferenciantes e moderadoras das mesas de debate.
-Entrevista na Radio Galega no programa Vivir aquí do 22 de abril 2013 para falar da actividade de Bookcrossing 2013 , son os últimos 5 minutos do programa.
-Entrevista na Radio Galega no programa Vivir aquí do 22 de abril 2013 para falar da actividade de Bookcrossing 2013 , son os últimos 5 minutos do programa.
Usuarios/as: uso da biblioteca
-Atendeuse a solicitude de información do
persoal do museo como apoio documental e bibliográfico ás actividades
desenvolvidas nas distintas áreas do museo: catalogación, conservación e
restauración de pezas, exposicións… ben aportando fondos da propia biblioteca e
ou ben aproveitando o servizo de préstamo interbibliotecario con bibliotecas
galegas e estatais.
-78
usuarios/as externos/as
foron atendiados/as ben por correo electrónico, teléfono, persoalmente
ou a través de préstamo interbibliotecario, sen esquecer que todas son
consultas especializadas e sempre personalizadas, o que supón buscar e seleccionar a información, facilitar o acceso o documento
ben de forma presencial ou ben a través de fotocopias e cada vez máis a través
da dixitalización de
documentos. Tamén se xestionaron préstamos
intrabibliotecarios con outras Bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia e de
Bibliotecas Públicas do Estado. Entre os temas consultados: adegas tradicionais do Ribeiro, Asociación Cultural Abrente e as Mostras de Teatro, anunicios publicitarios en xornais locais antigos, documentación sobre a Banda de Música a Lira de Ribadavia, sobre a Familia Chao, sempre sobre o viño do Ribeiro, os inicios da luz eléctrica no Ribeiro...
-As consultas ao catálogo en liña da Biblioteca do Museo foron de 1519, baseadas nunha estimación das administradoras do catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia, no que está integrado o catálogo da Biblioteca do Museo.
capa do DVD-Documental de Antonio Simón |
-As consultas ao catálogo en liña da Biblioteca do Museo foron de 1519, baseadas nunha estimación das administradoras do catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia, no que está integrado o catálogo da Biblioteca do Museo.
-Este blogue da Biblioteca durante 2013 tivo 2723 visitas virtuais.
-Gravación e uso de documentación e fondos
bibliográficos no Programa nº 1021
de TVE Desde Galicia para el mundotitulado “Lo nuestro es puro teatro” emitido o 18-05-2013, no documental de
Antonio Simón: “Abrente: unha clave para o teatro galego” editado pola Xunta de Galicia.
-Visita á Biblioteca do Museo do Profesorado do IES San Clemente de Santiago de Compostela con motivo do ano das Letras Galegas adicado a Roberto Vidal Bolaño pola súa relación coa Asociación Cultural Abrente cuxo fondo está depositado no Museo Etnolóxico.

COLABORACIÓNS:
-Colaboración co Departamento de Lingua galega e Literatura do IES Ribeiro de Ribadavia na
búsqueda de información no Fondo Abrente e acceso ao documento a través da dixitalización de documentación relacionada coa Asociación Cultural Abrente e as Mostras de Teatro Galego co obxectivo de montar a exposición: “Vidal Bolaño e a Mostra de Teatro de Ribadavia", realizada polos profesoras do IES Ribeiro: Rita Abraldes Iglesias e Maribel Gil Cacheiro para expor no IES Ribeiro de Ribidavia, para celebrar o Día das Letras 2013 adicado a Roberto Vidal Bolaño, e que durante os meses de verán estivo exposta nas salas do Museo Etnolóxico. Esta colaboración deu como froito que Rita e Maribel redactaran a ficha nº 21 de Pretextos e Textos, publicada pola Asociación de Amigos do Museo.
exposición: Vidal Bolaño e a Mostra de Teatro de Ribadavia |
-Colaboración coa Facultade de Empresariais e
Turismo da Universidade de Vigo no
Campus de Ourense, grazas á colaboración da profesora Fátima Braña na
actividade do Bookcrossing do 23 de abril
Día Internacional do Libro.
-Colaboración con máis de 62 Bibliotecas de
Museo de toda España repartindo libros libres por todo o mundo na actividade de
Bookcrossing 2013 o 23 de abril para celebrar o día Internacional do Libro. Enlace ao vídeo promocional elaborado pola Biblioteca-Centro de Documentación do ARTIUM de Vitoria AQUÍ
- Asistimos en Madrid ás "II Jornadas de Bibliotecas de Museos" que este ano tiveron lugar no Museo del Prado do 6 ao 8 de novembro co título: "Estrategías e innovación" coordinadas por BIMUS-Red de Bibliotecas de Museos, onde tivemos a oportunidade de escoitar interesantes conferencias e comunicacións coma a da nosa compañeira Amparo Pons da Biblioteca do Museu Valencià d'Etnologia que nos presentou o seu Etnobloc
-Desde xuño de 2013 a Bibliotecaria do Museo Etnolóxico foi nombrada polo Secretario Xeral de Cultura en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, como Secretaria da Comisión Técnica de Cooperación de BibliotecasEspecializadas incluida dentro do Consejo de Cooperación Bibliotecaria do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. A Presidenta Carmen Bouzas, bibliotecaria do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) explicounos na II Xornada sobre Bibliotecas Especializadas as funcións desta Comisión, tedes AQUÍ o power, e podedes escoitala no audio AQUÍ
-Presentación
da conferencia: “Museo Abierto, tres programas y un compromiso” nas Jornadas de Formación Museológica organizadas
polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte e que tiveron lugar no
Museo del Romanticismo en Madrid do 26 ao 28 de novembro de 2013 co
título:
“Abiertos a todos: museos socialmente comprometidos. Reflexiones y experiencias”, o vídeo da conferencia AQUÍ.
Dar as grazas a todas/os compañeiras/os de Bibliotecas de Museos por difundir a participación da Biblioteca do Museo Etnolóxico nesa conferencia, son 8 minutos a partir do minuto 40, en especial MUSAS-València , Biblioteca Museu Valencià d'Etnologia no seu Etnobloc, Bibliotecas Especializadas de Zamora, e BIMUS- Red de Bibliotecas de Museos
-Desde xuño de 2013 a Bibliotecaria do Museo Etnolóxico foi nombrada polo Secretario Xeral de Cultura en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, como Secretaria da Comisión Técnica de Cooperación de BibliotecasEspecializadas incluida dentro do Consejo de Cooperación Bibliotecaria do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. A Presidenta Carmen Bouzas, bibliotecaria do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) explicounos na II Xornada sobre Bibliotecas Especializadas as funcións desta Comisión, tedes AQUÍ o power, e podedes escoitala no audio AQUÍ
conferencia no Museo del Romanticismo. Madrid |
Dar as grazas a todas/os compañeiras/os de Bibliotecas de Museos por difundir a participación da Biblioteca do Museo Etnolóxico nesa conferencia, son 8 minutos a partir do minuto 40, en especial MUSAS-València , Biblioteca Museu Valencià d'Etnologia no seu Etnobloc, Bibliotecas Especializadas de Zamora, e BIMUS- Red de Bibliotecas de Museos
Sem comentários:
Enviar um comentário