A imaxe da felicitación das festas de Nadal e de Ano Novo do Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense corresponde a unha peza dos fondos do Museo: un braseiriño portátil, que foi doado en 2013 ao Museo.
Cando nos doaron a peza fíxonos dubidar o comentario da doadora decindo que era un asador de castañas, parecíanos algo difícil asar castañas con este obxecto que só estaba furado por arriba e polos lados, mais non por debaixo. Entón como corresponde ás funcións de documentación e de búsqueda de información da Biblioteca do Museo, puxémonos en acción, mais nos catálogos de museos non encontramos nada, mais como temos plena confianza nas redes sociais pasamos a utilizalas para ver o que nos aportaban as xentes amigas e siareiras do Facebook do Museo Etnolóxico , foron varias as respostas: para transportar pitos ou ovos nas feiras, caixa para gardar marmelo, cesta para levar a merenda, para esterilizar material médico, un incensario (esta idea non estaba moi lonxe), ainda que as máis acertadas foron as de José Martínez Martín e a de Vicky Pontes a máis precisa: "yo creo que es un brasero para calentar los pies. Los llevaban los niños a la escuela y he visto similares en otros museos etnológicos" e Eliseo Taxi Arnoya: "non sei o tamaño que ten mirando a foto pero ten pinta de ser un recipiente pra botar rescollos ou brasas pra logo colocalas como estufa debaixo dunha mesa".
Efectivamente consultando o catálogo CERES da Red Digital de Colecciones de Museos de España confirmamos que se trataba dun braseiriño portátil, similar en tamaño : Altura = 18,60 cm; Anchura = 22 cm; Profundidade = 16 cm e decoración a un dos que teñen no Museo Pedagógico de Aragón , ainda que ao noso fáltalle a madeira da asa, a datación que lle da o perosal técnico do Museo Pedagógico de Aragón na ficha de catalogación vai entre 1910 e 1940 e descríbeno así:
"O braseiriño
é unha caixa metálica que se utilizaba para enchela de brasas acendidas
e dar calor colocada entre os pés dos alumnos. A tapa e as paredes
están perforadas para facilitar a combustión e a saída da calor. Ten un
arame cun reforzo de madeira que servía de asa. No interior hai unha
bandexa cunha asa tamén metálica para depositar as brasas e recoller as
cinzas máis comodamente.
Este sistema de calefacción rudimentaria pero efectiva servía para caldear as frías escolas ata mediados do século XX, a miúdo desprovistas doutro sistema para quentar a aula. Mesmo a estufa central de leña que nalgunhas escolas si que había era insuficiente, polo que o braseiriño individual seguía sendo necesario.
É un obxecto máis propio de Castela que de Aragón, onde teñen encontrado poucos exemplares".
Cando nos doaron a peza fíxonos dubidar o comentario da doadora decindo que era un asador de castañas, parecíanos algo difícil asar castañas con este obxecto que só estaba furado por arriba e polos lados, mais non por debaixo. Entón como corresponde ás funcións de documentación e de búsqueda de información da Biblioteca do Museo, puxémonos en acción, mais nos catálogos de museos non encontramos nada, mais como temos plena confianza nas redes sociais pasamos a utilizalas para ver o que nos aportaban as xentes amigas e siareiras do Facebook do Museo Etnolóxico , foron varias as respostas: para transportar pitos ou ovos nas feiras, caixa para gardar marmelo, cesta para levar a merenda, para esterilizar material médico, un incensario (esta idea non estaba moi lonxe), ainda que as máis acertadas foron as de José Martínez Martín e a de Vicky Pontes a máis precisa: "yo creo que es un brasero para calentar los pies. Los llevaban los niños a la escuela y he visto similares en otros museos etnológicos" e Eliseo Taxi Arnoya: "non sei o tamaño que ten mirando a foto pero ten pinta de ser un recipiente pra botar rescollos ou brasas pra logo colocalas como estufa debaixo dunha mesa".
Braseiriño. Fondo Museo Etnolóxico. Ribadavia |
Efectivamente consultando o catálogo CERES da Red Digital de Colecciones de Museos de España confirmamos que se trataba dun braseiriño portátil, similar en tamaño : Altura = 18,60 cm; Anchura = 22 cm; Profundidade = 16 cm e decoración a un dos que teñen no Museo Pedagógico de Aragón , ainda que ao noso fáltalle a madeira da asa, a datación que lle da o perosal técnico do Museo Pedagógico de Aragón na ficha de catalogación vai entre 1910 e 1940 e descríbeno así:
Braseiriño. Fondo Museo Pedagógico de Aragón |
Este sistema de calefacción rudimentaria pero efectiva servía para caldear as frías escolas ata mediados do século XX, a miúdo desprovistas doutro sistema para quentar a aula. Mesmo a estufa central de leña que nalgunhas escolas si que había era insuficiente, polo que o braseiriño individual seguía sendo necesario.
É un obxecto máis propio de Castela que de Aragón, onde teñen encontrado poucos exemplares".
Sem comentários:
Enviar um comentário