domingo, 5 de dezembro de 2010

Bibliotecas Especializadas de Zamora: Os presentamos a... Rosa Lamas Casado

@s compañeir@s das bibliotecas especializadas de Zamora, fan máis visibles os centros onde traballan a través dun blog cooperativo, desde o que tamen axudan a visibilizar outras bibliotecas especializadas presentando ás persoas que nelas traballan na sección Os presentamos a...
Nesta ocasión deron a oportunidade de visibilidade á Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia. Aquí está a entrevista que me fixeron :
Bibliotecas Especializadas de Zamora: Os presentamos a... Rosa Lamas Casado: "Por Bibliotecas Especializadas de Zamora  Rosa Lamas Casado, licenciada en Geografía e Historia en la Universidad de Vigo. En 1997 in..."

quinta-feira, 25 de novembro de 2010

Novidade editorial: As fábricas de papel na comarca do Carballiño

 

O domingo 21 de novembro presentábase nas instalacións da antiga fábrica de papel de Lousado (Piñor) na comarca do Carballiño o libro: “ As fábricas de papel na comarca do Carballiño” editado polo Centro de Estudios Chamoso Lamas.
Como indica no prólogo, Xosé Carlos Sierra, director do Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense, o estudo feito neste libro polo xeográfo Francisco Fumega e o historiador Xosé Luis Sobrado investiga desde unha prespectiva da historia local á industrialización decimonónica da Galiza nun sector escasamente tratado como é o papel e a súa fabricación.
No traballo realizan un levantamento das principais fábricas existentes na conca do  río Arenteiro, así como un estudo sociolóxico das persoas que levantaron e traballaron nestas industrias, por un lado os burgueses innovadores e por outro as mulleres asalariadas que traballaban nestes enxeños, e as consecuencias económicas que supuxo a fabricación de papel para a comarca do Carballiño. Todo isto é resultado da consulta de diversas fontes documentais: arquivos parroquiais e históricos, museos, fontes orais, estatísticas, protocolos notariais...
Podedes consultar este estudo na Biblioteca do Museo.

quarta-feira, 10 de novembro de 2010

Curso de etnomuseoloxía

Folleto curso etnomuseoloxia

Se alguén precisa máis información bibliográfica ou documental
sobre etnomuseoloxía, patrimonio etnolóxico, xestión do
patrimonio, identidade... para ir ben informado ao curso
e participar activamente nas mesas de debate,
podedes consultar o
catálogo da Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia,
chamar por teléfono, escribir correo electrónico
ou vir en persoa, tedes información aqui

quarta-feira, 27 de outubro de 2010

Fondos documentais dixitalizados

 

Entre a diversidade de fondos do Museo Etnolóxico hai que destacar a importancia dos fondos documentais do  Depósito Rubén García Álvarez, investigador da historia medieval de  Ribadavia , do Ribeiro e de Galiza, ademáis de conservador de documentos históricos, ben transcribindo o documento ou ben gardando o documento orixinal.
O traballo de investigación do profesor da Facultade de Humanidades de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela: Gonzalo Francisco Fernández Suárez, con varias obras sobre o condado de Ribadavia, que se poden consultar no catálogo da biblioteca do museo, fixo que se achegara ao fondo documental de Rubén García Álvarez para consultar tres libros pertencentes ao Arquivo Municipal de Ribadavia: “Libro con foros antiguos da vila de Ribadavia 1524-1541”, “Libro de ayuntamiento (libro de actas) 1542-1559” , “Libro de contas dos procuradores “. O resultado da súa consulta levou á dixitalización destes documentos, fundamentais para o estudo da historia de Ribadavia e de Galiza.
Esta dixitalización permite  á Biblioteca do Museo facilitar, a calquera persoa interesada, o acceso á informanción destes documentos sen interferir na súa conservación.
As consultas aos fondos bibliográficos e documentais das bibliotecas, arquivos e centros de documentación permiten axudar a mantelos vivos

terça-feira, 14 de setembro de 2010

Programa definitivo da xornada sobre bibliotecas especializadas

Folleto xornada bibliotecas especializadas

No folleto aparece o programa definitivo da xornada sobre
bibliotecas especializadas. A matrícula é gratuita,
as prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto
até o 13 de outubro. A folla de inscrición pódese descargar
aquí
e enviar por correo electrónico a rosa.lamas@xunta.es

segunda-feira, 6 de setembro de 2010

Información básica da Biblioteca do Museo Etnolóxico


A Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia (Ourense) é unha biblioteca especializada polos seus fondos, coma o museo é de titularidade estatal e de xestión económica da Xunta de Galicia.
O acceso á biblioteca é libre para todas as persoas, sempre tendo en conta que os seus fondos están especializados en: etnoloxía, etnografía, antropoloxía social e económica, museoloxía, vinicultura e viticultura, historia de Galiza e local, fotografía, antropoloxía visual....

Horario: de luns a venres de 9 h a 15 h
Enderezo postal: Museo Etnolóxico. Ribadavia
                         Rúa Santiago, nº 10
                         32400 Ribadavia (Ourense)
Teléfonos :  988471843 /  988471352
Fax:            988470961
                                 rosa.lamas@xunta.es

A biblioteca está incluida na Rede de Bibliotecas de Galicia, o catálogo pódese consultar na sección de Bibliotecas de Museos no seguinte enderezo electrónico: