Esta recopilación de fototecas dixitais con imaxes e fotografías sobre Galicia que se poden encontrar na internet vai estar sempre en proceso de construción, pois a cada momento navegando pola rede e cando menos o esperamos nalgún contedor de imaxes dixitais podemos toparnos con algunha fotografía sobre e de Galicia.
-CER.ES
É a rede dixital de coleccións dos Museos de España que reúne información e imaxes dunha importante selección de bens culturais que forman parte das coleccións de 86 museos de toda España, entre os que están os principais museos de Galicia entre os que se encontra o Museo Etnolóxico. Na opción de Búsqueda Avanzada en Objeto/Documento escribir: Fotografía e por exemplo en Lugar de Procedencia ou en Titulo: Ribadavia, Vigo, Ourense, Bueu...
-Galiciana
É a Biblioteca dixital de Galicia onde aparecen dixitalizados os fondos patrimoniais máis relevantes de Galicia, ademais de fondos propios da Biblioteca de Galicia tamén aparecen documentos doutras institucións culturais galegas.
Na opción de Búsqueda dentro da opción: Colección podemos acotar a busca por: Ilustracións e Fotos.
-Hispana
Reúne as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos de toda España. Pódese concretar máis a busca incluíndo na opción de Búsqueda en Tema: "fotografía" e en Descripción: "Galicia".
-Europeana
É un punto de acceso a millóns de recursos dixitais de arquivos, bibliotecas, museos e coleccións audiovisuais de toda Europa. Por exemplo se buscamos: "Galicia" apareceránnos todos os documentos clasificados con esa materia, e na opción Tipo de material podemos marcar: Image.
-Real Academia Gallega de Bellas Artes
Conta
entre o seu patrimonio con un magnífico fondo de fotografías pertencente á
colección particular de Manuel Chamoso Lamas. Compónse de 10826 negativos en
película, 124 placas de cristal e 4814 fotografías positivadas, o que supón un
total de unhas 15000 imaxes.
-Fototeca del Patrimonio Histórico
A
Fototeca do IPCE está integrada por máis de 700.000 documentos fotográficos
cuxa cronoloxía abrangue dende a década de 1860 ata a actualidade e cuxa
temática reflicte as transformacións do noso Patrimonio Cultural dende os
inicios da fotografía.
Pódese
buscar por termo xeográfico.
-Centro Documental de la Memoria
Histórica
Dentro
do Portal de Archivos Estatales está o arquivo do Centro
Documental de la Memoria Histórica, en Búsqueda Avanzada, marcar Registros
Digitalizados (vainos dar só os documentos que teñen imaxe), escribindo en Buscar: "Galicia", apareceran as fotografías sobre Galicia:
Podemos ver por exemplo o arquivo fotográfico de Erich Andrés que ten fotografías de Galicia (Vigo, Ourense, Monforte, tamén de Ribadavia).
-Fototeca del Patrimonio Histórico
A
Fototeca do IPCE está integrada por máis de 700.000 documentos fotográficos
cuxa cronoloxía abrangue dende a década de 1860 ata a actualidade e cuxa
temática reflite as transformacións do noso Patrimonio Cultural dende os
inicios da fotografía.
Pódese
buscar por termo xeográfico.
-Ministerio de Agricultura, Alimentación y
Medio Ambiente
Custodia fondos fotográficos de diversa procedencia e
abranguen un período de tempo que comprende desde principios do século XX ata os nosos días.
-Europhoto
Arquivo
fotográfico histórico que recupera, dixitaliza e difunde fotografías históricas
das principais axencias de noticias europeas, abranguendo a historia de Europa dende finais do século XIX
ata a actualidade.
A axencia
de noticias española Efe achega até o momento 100.000 imaxes representativas do
último século que foi realizado no noso país; fotos da vida cotiá, de
celebridades, actos políticos, sociais, culturais ou deportivos de carácter
nacional ou internacional.
-Fototeca. Laboratorio de arte da
Universidade de Sevilla
Proxecto
iniciado cara a 1907 por Don Francisco Murillo Herrera coa finalidade de crear
un fondo documental de imaxes que, como complemento a unha gran biblioteca de
temas artísticos, constituísen as estruturas básicas dun departamento
universitario dedicado ao estudo da Historia da Arte. Agora é un arquivo documental de absoluta necesidade para o
estudo e o coñecemento da historia contemporánea de España.
Sobre
todo fotos do patrimonio artístico de Santiago de Compostela, ainda que hai
algunha da Coruña.
https://citius.us.es/fototeca/
-Fototeca del Archivo Histórico Ferroviario
Conserva imaxes de temática variada relacionada coa inxeñería ferroviaria, arquitectura, material de motor, empresas construtoras, empregados do ferrocarril, paisaxes, etc., imaxes de distintas tipoloxías e formatos: placas de vidro, positivos, negativos, tarxetas postais... tendo como datas extremas de 1858 até a actualidade.
No catálogo de acceso público pódese facer unha procura sinxela ou máis avanzada se queremos especificar máis a nosa busca. Se queremos buscar imaxes de Galicia podemos facer unha busca sinxela en "criterios de búsqueda" por Galicia, saen 207 imaxes sobre Galicia.
http://www.docutren.com/Fototeca/sencilla_fototeca.asp
-Fototeca del Archivo Histórico Ferroviario
Conserva imaxes de temática variada relacionada coa inxeñería ferroviaria, arquitectura, material de motor, empresas construtoras, empregados do ferrocarril, paisaxes, etc., imaxes de distintas tipoloxías e formatos: placas de vidro, positivos, negativos, tarxetas postais... tendo como datas extremas de 1858 até a actualidade.
No catálogo de acceso público pódese facer unha procura sinxela ou máis avanzada se queremos especificar máis a nosa busca. Se queremos buscar imaxes de Galicia podemos facer unha busca sinxela en "criterios de búsqueda" por Galicia, saen 207 imaxes sobre Galicia.
http://www.docutren.com/Fototeca/sencilla_fototeca.asp
-PPOC Prints
& Photographs Online Catalog de la Library of Congress de EEUU
Contén imaxes de gravados, cartaces, fotografías debuxos que sobre todo documenta a historia e a vida dos Estados Unidos, pero tamén hai imaxes de todo o mundo por exemplo hai tres de Galicia, podemos encontralas buscando: galicians spain.
-Association for Cultural Equity
Conserva
a documentación do arquivo de Alan
Lomax, encargada tamén da difusión deste arquivo a través do arquivo en liña.
As fotografías, as gravacións sonoras son o traballo de etnoloxía, antropoloxía e etnografía de
recompilación feito por Alan Lomax
nas súas viaxes polo mundo.
Neste enlace podemos buscar algunhas das fotografías que fixo sobre Galicia, escribindo na caixa de busca Keyword Search a palabra "Galicia".
Sem comentários:
Enviar um comentário