interior do catalógo "Manufacture française d’armes e cycles" |
foto da fábrica que aparece no catálogo |
Vendían todo o que nos poidamos imaxinar: menaxe, complementos para todo tipo de deporte, máquinas agrícolas, artigos de decoración, máquinas de coser, máquinas de escribir, cámaras fotográficas, obxectos de óptica, de meteoroloxía, fonógrafos, artigos de viaxe e de camping ... e cos
seus correspondentes accesorios, na súa publicidade din que encontrarás o
mellor e incluso o que non sabías que existía. A maioría destes obxectos eran fabricados por terceiros, eles o que facían eran distribuilos e vendelos. A principios do S. XX esta fábrica chegou a ocupar unha superficie de 40.000 metros cadrados e máis de 1000 obreros traballando. Neste enlace podedes ver a dimensión da fábrica a través das imaxes de algunhas tarxetas postais AQUÍ.
Non obstante, estaban especializados na fabricación sobre todo en todo tipo de armas e na fabricación de bicicletas. A finais do S. XIX os modelos máis modernos e innovadores saídos desta fábrica causaron furor en todo Europa, incluso tiveron a súa propia marca de bicicletas, Hirondelle. Para coñecer a historia e a evolución da bicicleta hai que consultar os catálogos desta fábrica.
catálogo restuarado dos fondos do Museo |
Ademais foi pioneira na venta por correspondencia, vendía
por catálogo a toda Europa, de feito este catálogo chegou até Ribadavia, pois forma parte da biblioteca que José Sánchez Bello doou á Asocición de Amigos do Museo Etnolóxico. O exemplar do catálogo estaba en bastantes boas condicións, mais para poder utilizalo a restauradora do Museo tivo que fixar as follas reforzando o lombo do libro e forrando as cuberta para manter a estabilidade. Este catálogo foi utilizado como fonte de documentación de varias pezas do Museo: como un conxunto de chaves, obxectos relacionados coa elaboración de viño, cámaras fotográficas, obxectos de caza e pesca ...
Os catalogos de Manufacture française d'armes et cycles están editados para que sexan fáciles é áxiles na súa consulta, explicando nas primeiras páxinas como se debe facer a consulta: no caso de que se coñeza o obxecto consultando o índice de materias do final, no que indica a folla exacta onde encontrar o produto, se non se coñece o nome do obxecto pódese consultar ao inicio o índice cunha divisón xeral de materias, e para facilitar ainda máis a consulta as follas van impresas en distintas cores segundo unhas divisións xerais. Todos os obxectos do catálogo levan a súa mágnifica ilustración, descrición e función, co seu correspondente número identificativo e o prezo para a venta.
exemplo da precisión e da minucionsidade da edición do catálogo e da variedade de produtos comercializados |
Na páxina das mediatecas de Saint-Étienne podedes consultar distintos exemplares dos catálogos e da publicidade que elaboraba esta fábrica para vender os seus produtos AQUÍ .
No Musée d'Art et d'Industrie de Saint-Étienne conservan, estudan e difunden o legado que deixou esta fábrica en canto a documentación e a obxectos, sobre todo o relativo a historia da bicicleta e das armas.
Sem comentários:
Enviar um comentário