quinta-feira, 13 de janeiro de 2011

Alberto Sampaio: historiador e agricultor portugués

Na exposición: "Os frutos da terra em Alberto Sampaio" que até principios de febreiro se pode ver no Museo Etnolóxico. Ribadavia, a través da obra escrita e a experimentación deste historiador, agricultor, agrónomo e vitivinicultor portugués temos unha visión do mundo rural tal como se manifestaba en pleno século XIX, evidenciando algunhas das prácticas máis antigas, moitas delas símbolos da identidade dunha forte cultura popular, na rexión portuguesa entre o Miño e o Douro, con costumes e tradicións practicamente indiferenciadas con Galiza, como apunta a Emilia Nóvoa Faria, comisaria da exposición.

Algúns dos escritos máis importantes de Alberto Sampaio: “As Villas do Norte de Portugal”, “As povoas marítimas”, “A propriedade e cultura do Minho”, “O presente e o futuro da viticultura do Minho” aparecidos en revistas de prestixio como: Portugalia, Revista de Guimarães, foron organizados por Luís de Magalhães  en 1923 na obra recopilatoria en dous volumes: Alberto Sampaio: estudos históricos e económicos, esta edición pódese consultar na Biblioteca do Museo Etnoóxico. Ribadavia dentro do depósito do historiador Rubén García Álvarez.

Esta exposición foi concebida para conmemorar en 2008 o centenario do falecemento do historiador portugués, e que agora empeza a súa viaxe por Galiza.

Máis información sobre Alberto Sampaio AQUÍ

sexta-feira, 10 de dezembro de 2010

Revistas de restauración e conservación do patrimonio

Dentro das publicacións seriadas que se poden consultar na Biblioteca do Museo destacamos as relativas a restauración e conservación, aquí indicamos algunhas das máis interesantes, pinchando no nome podedes acceder os sumarios, resumes ou texto completo según os casos:
Edita: co-edición  pola SFIIC e  Éditions Errance
Temas: conservación e restauración de patrimonio cultural
Sumario e resumes
Edita: California Academy of Sciences
Temas: xestión de museos, prácticas expositivas, estudos de usuarios, conservación, educación en museos
Sumario e resumes
Edita: Centre de Documentació i Museu Tèxtil de Terrassa
Temas: restauración e conservación de tecidos, industria téxtil, artesanía téxtil, tecido, indumentaria, vestido, moda
Sumarios
-PH: boletín del Instituto Andaluz de Patrimonio
Edita: Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico
Temas: conservación e restauración de patrimonio moble e inmoble
Sumarios, resumes
Edita: Centre de recherche et de restauration des musées de France
Temas: conservación e restauración de patrimonio, materiais e  procesos de restauración
Sumarios
Para ver os títulos de todas as revistas que hai na Biblioteca do Museo Etnolóxico pincha en: REVISTAS MUSEO ETNOLÓXICO

domingo, 5 de dezembro de 2010

Bibliotecas Especializadas de Zamora: Os presentamos a... Rosa Lamas Casado

@s compañeir@s das bibliotecas especializadas de Zamora, fan máis visibles os centros onde traballan a través dun blog cooperativo, desde o que tamen axudan a visibilizar outras bibliotecas especializadas presentando ás persoas que nelas traballan na sección Os presentamos a...
Nesta ocasión deron a oportunidade de visibilidade á Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia. Aquí está a entrevista que me fixeron :
Bibliotecas Especializadas de Zamora: Os presentamos a... Rosa Lamas Casado: "Por Bibliotecas Especializadas de Zamora  Rosa Lamas Casado, licenciada en Geografía e Historia en la Universidad de Vigo. En 1997 in..."

quinta-feira, 25 de novembro de 2010

Novidade editorial: As fábricas de papel na comarca do Carballiño

 

O domingo 21 de novembro presentábase nas instalacións da antiga fábrica de papel de Lousado (Piñor) na comarca do Carballiño o libro: “ As fábricas de papel na comarca do Carballiño” editado polo Centro de Estudios Chamoso Lamas.
Como indica no prólogo, Xosé Carlos Sierra, director do Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense, o estudo feito neste libro polo xeográfo Francisco Fumega e o historiador Xosé Luis Sobrado investiga desde unha prespectiva da historia local á industrialización decimonónica da Galiza nun sector escasamente tratado como é o papel e a súa fabricación.
No traballo realizan un levantamento das principais fábricas existentes na conca do  río Arenteiro, así como un estudo sociolóxico das persoas que levantaron e traballaron nestas industrias, por un lado os burgueses innovadores e por outro as mulleres asalariadas que traballaban nestes enxeños, e as consecuencias económicas que supuxo a fabricación de papel para a comarca do Carballiño. Todo isto é resultado da consulta de diversas fontes documentais: arquivos parroquiais e históricos, museos, fontes orais, estatísticas, protocolos notariais...
Podedes consultar este estudo na Biblioteca do Museo.

quarta-feira, 10 de novembro de 2010

Curso de etnomuseoloxía

Folleto curso etnomuseoloxia

Se alguén precisa máis información bibliográfica ou documental
sobre etnomuseoloxía, patrimonio etnolóxico, xestión do
patrimonio, identidade... para ir ben informado ao curso
e participar activamente nas mesas de debate,
podedes consultar o
catálogo da Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia,
chamar por teléfono, escribir correo electrónico
ou vir en persoa, tedes información aqui