Xestión da colección bibliográfica:
revistas especializadas |
-Monografías rexistradas durante 2015: 410 títulos. Novas adquisicións por doazón 392 monografías (destacamos as institucionais enviadas polo Consello da Cultura Galega, as Deputacións de Ourense e Pontevedra e as particulares de Xosé Ramón Estévez e Francisco González González), por intecambio 18 monografías.
-Catalogáronse no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia, por parte da Biblioteca do Museo 616 exemplares durante 2015, tendo en conta que tamén se fai catalogación retrospectiva de documentos xa existentes, e non só dos que ingresan.
-Publicacións periódicas
activas durante 2015: 120 títulos activos con varios números ao ano, que
foron xestionados para facilitar o acceso ao documento, destes títulos 78 son de compra, 30 de intercambio e 12
son doazóns. O número de títulos de publicacións seriadas non variou en
relación ao ano 2014.
-Baleirado de publicacións periódicas e obras colectivas: 200 exemplares.
-Xestión de 30 intercambios de publicacións con diversas
institucións, con recepción e envío de publicacións.
-Inventario e rexistro das doazóns dos Fondos de: Xosé Ramón Estévez (é unha doazón aberta, continúarase co inventario). Continuouse co inventario e rexistro do Fondo Bibliográfico e Documental de Elvira Fernández. Empezouse en 2015 co inventario do fondo bibliográfico e documental do Fondo Usatorre.
Difusión selectiva da información:
-Das novidades, tanto das monografías como dos novos números
das revistas, infórmase puntualmente tanto a usuarios/as internos/as e
externos/as a través de correo electrónico, e a través das redes sociais, para
a difusión de novidades seguimos utilizando Pinterest
neste 2015 incluimos 118 elementos
referentes a índices e sumarios de revistas e 70 portadas de monografías que
ingresaron como novidades con referencias ao índice da obra. Este ano
comenzamos incluíndo tamén en Issuu as novidades, pois Pinterest empezou a
restrinxir as visualizacións sólo para persoas rexistradas, elaboramos tres
boletins de sumarios de revistas: abril-maio, agosto-setembro e
outubro-novembro-decembro:, en canto a boletíns de novidades elaboramos 1 por semestre: de xaneiro a xuño
e de xullo a decembro.
-Continuamos difundindo a actividade e os fondos da
biblioteca a través do blogue da biblioteca
cunha actualización neste 2015 bastante escasa, máis do que quixeramos, introducimos
tan só 6 entradas de temas variados, continuamos coa recensión de libros que
lle solicitamos aos autores e autoras para que nos falaran do seu libro a vez
completamos o artigo cun resumo, biografía e unha bibliografía dos autores
destacando o acceso en liña os artigos: Fernando Franjo e Xosé Luis Sobrado,
seleccionamos fototecas nas que se poden encontrar fotos sobre Galicia, imos
completando a sección de documentos singulares.
presentación: "Muller de papel" Rochi Novoa |
-En abril, o mes do libro, realizamos unha serie de actividades relacionadas sobre todo coa presentación de distintos libros e o Bookcrossing Día Internacional do Libro 2015 pola zona rural do Ribeiro, uníndonos un ano máis a actividade conxunta de moitas Bibliotecas de Museos de España e que organiza a Biblioteca do Museo ARTIUM de Vitoria.
-Selección e exposición de bibliografía representativa de
traballos sobre o día de defuntos, así como folletos e cartaces da Noite Meiga
para a exposición “Construíndo tradición: Noite Meiga”
Usuarios/as: uso da biblioteca:
-Atendeuse a solicitude de información do persoal do museo
como apoio documental e bibliográfico ás actividades desenvolvidas nas distintas
áreas do museo: catalogación, conservación e restauración de pezas,
exposicións… ben aportando fondos da propia biblioteca e ou ben aproveitando o
servizo de préstamo interbibliotecario con bibliotecas galegas e estatais,
unido á colaboración, apoio bibliográfico e facilitanto o acceso o documento no
proxecto museográfico do Museo Galego do Viño desenvolvido durante este ano
2015 no Museo Etnolóxico, así como no proxecto museolóxico do propio Museo
Etnolóxico.
-96 usuarios/as externos/as
foron atendiados/as durante 2014 , sendo ben por correo electrónico,
teléfono, persoalmente ou a través de préstamo interbibliotecario, sen esquecer
que todas son consultas especializadas e sempre personalizadas, tendo en conta
que a consulta consiste en buscar e seleccionar a información, facilitar o
acceso o documento ben de forma presencial ou ben a través de fotocopias e cada
vez máis a través da dixitalización de documentos. Tamén se xestionaron
préstamos intrabibliotecarios con outras Bibliotecas da Rede de Bibliotecas de
Galicia e de Bibliotecas Públicas do Estado.
-As consultas ao catálogo en liña da biblioteca do museo foron de 1.563, baseadas nunha estimación das administradoras do catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia, no que está integrado o catálogo da Biblioteca do Museo.
-O blogue da Biblioteca
durante 2015 tivo 14710 visitas.
Colaboracións:
-Colaboración coa Asociación Cultural ActivaT de Ribadavia
na concepción e elaboración da exposición “Construíndo a tradición: Noite Meiga.
bookcrossing pola comarca do Ribeiro |
-Colaboración co Arquivo Histórico Provincial de Ourense que
nos dixitalizou, para un mellor acceso ao documento o xornal local “El Avia
Ilustrado”, do que tiñamos unha copia en microfilm (os orixinais están na
Hemeroteca Municipal de Madrid) de varios números dos anos 1897 a 1900.
-Colaboramos co blogue de Eva María Galán Sampere Alquibla, una mirada al mundo de las bibliotecas
facendo unha presentación da Biblioteca do Museo Etnolóxico: coleccións,
difusión, acceso, horario...
Sem comentários:
Enviar um comentário