exemplares conservados no Museo Etnolóxico |
A temática dos almanaques e calendarios está
relacionada coa función principal de medida do tempo, a divulgación da orde do
tempo utilizando tres códigos principalmente: o astronómico-matématico, o
astrolóxico e o eclesiástico.
Os
almanaques tiveron moita importancia como xénero literario no século
XVIII, a mediados deste século en Inglaterra hai rexistrados uns
2000 títulos, porén en España o século máis importante para
estas publicacións foi o século XIX. Axudaron á aprendizaxe básica
da lectura das clases populares, utilizando
unha linguaxe clara e sinxela, con frases curtas, foron
transmisores da cultura popular achegando:
historias breves, anécdotas, fábulas, consellos, coplas, refráns,
mais tamén informando das
preocupacións e os
intereses de cada época, incluso de cada ano. Nos
almanaques conviven
a cultura popular e
os avances
científicos.
Axudaron á aprendizaxe básica da lectura das
clases populares, foron transmisores da cultura popular: historias breves, anécdotas,
fábulas, consellos, coplas, “vehículos de popularización de la cultura”. Os
contidos destes almanaques reflectían as preocupacións e os intereses de cada época, incluso de
cada ano, así como esa pervivencia da cultura popular que permanece a pesar
dos avances científicos.
exemplar Museo Etnolóxico |
exemplar Museo Etnolóxico |
Un dos almanaques máis populares é coñecidos era o AlmanaqueBailly-Bailliere: o
sea pequeña enciclopedia popular de la vida práctica, segundo Honorio Velasco incluído dentro dos almanaques
enciclopédicos que como indica no seu título pretendían proporcionar
información práctica a todos os sectores sociais, entendendo que esta era moi
variada como a sociedade mesma. O contido era sempre moi variado, esta era precisamente a
característica máis destacada, tiña un
índice coas materias tratadas, as informacións non estaban asinadas, ilustrados con gravados e publicidade.
Empezaba con tablas cronolóxicas, astronómicas, correspondencias entre
distintos calendarios, a descripción dos meses, semanas e días coa descrición
do ceo.
Na Biblioteca do Museo consérvanse tres exemplares: o máis antigo de 1898, un de 1924 e outro de 1926.
Na Hemeroteca Digital da BNE pódense consultar a texto completo varios números AQUÍ.
Na Biblioteca do Museo consérvanse tres exemplares: o máis antigo de 1898, un de 1924 e outro de 1926.
Na Hemeroteca Digital da BNE pódense consultar a texto completo varios números AQUÍ.
Existen
diferentes tipos de almanaques segundo a temática: enciclopédicos,
de saúde, agrícolas, algúns eran esencialmente revistas literarias
formadas fundamentalmente por artigos de escritores da época, sen
esquecer escritos de historia, cultura popular, etnografía,
arqueoloxía nos que destacan ás ilustracións con gravados. Porén
a publicación sempre se iniciaba con efemérides, santoral,
información meteorolóxica e astrolóxica, este era o tipo
predominante de almanaque que se editou en Galicia e sudamérica a
finais do século XIX con achegas de importantes escritores e
escritoras, utilizando maioritariamente o castelán con algún
escrito en galego sobre todo poemas.
Algúns destes almanaques galegos de finais do século XIX pódense consultar a texto completo en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia:
Almanaque
humorístico de Galicia para 1878 dirixido
por Arturo Vázquez, editado en Ourense polo Establecimiento
Tipográfico de la Propaganda Gallega.
Almanaquegallego (1898-1926) dirixido por Manuel Castro e editado en Buenos Aires.
Bibliografía:
-Botrel, Jean François. “Para una bibliografía de los almanaques y calendarios”.Elucidario: Seminario bio-bibliográfico Manuel Caballero Venzalá, Nº. 1, 2006, págs. 35-46.
-Carreño, Miryam. "Almanaques y calendarios en la historia de la educación popular un estudio sobre España". En: Revista de educación, Nº 296,1991 , págs. 195-216.
-Escolma de Almanaques Galegos (1865-1929) I / edición de Manuel Quintáns Suárez; colaboración de Élida Abal Santorum, Alexandra Cillero Prieto, Luís Alonso Girgado.